martes, 8 de abril de 2014

OS DRAGÓNS

A escritora  Elena  Gallego  Abad, visitou o noso centro para falarnos do seu libro:  " Dragal I: a herdanza do dragón " , que , como xa case todos sabedes forma  parte da  triloxía que ten a súa continuidade en : " Dragal II: a metamorfose do dragón "  e " Dragal III : a fraternidade do dragón ".
Fixo a presentación da escritora : Manuel Vázquez Augusto, alumno de 4º de ESO, bó coñecedor da triloxía   lembrando que a saga de Dragal   é a primeira incursión no mundo da literatura fantástica escrita orixinariamente en galego.



A  escritora contou como  unha das motivacións fundamentais para escribir este libro estivo nas historias que ela lle contaba a seu fillo, que a retou a ser quen de escribir unha historia de dragóns.
Tamén nos falou de que os dragóns  son imáxes presentes dende a máis remota antigüedade en todas as culturas do mundo .
Dragal  é a historia dun rapaz que se convirte en dragón e, aínda que hai moitos elementos fantásticos, non se abandona o mundo real. Elena Gallego  inspirouse en lendas , mitos e elementos históricos para escribir esta obra, tales como : O Códice Calixtino, as representacións alegóricas en monumentos artísticos, ou no carácter mitolóxico de enclaves como o Pico Sacro.


Adiantounos tamén que a saga terá continuidade porque hai moitos lectores que así o demandan.
Asímesmo hai moitas posiblidades de que se convirta nunha serie de televisión, nun comic e un videoxogo.

Para rematar, a autora asinou  todos os exemplares que os alumnos-as de 1º de ESO están a ler na asignatura de Língua Galega.
Dende aquí dámoslle as grazas a Elena Gallego pola exposición amena e a complicidade que amosou con  rapaces e rapazas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario