luns, 6 de outubro de 2014

AS MOCHILAS QUE VAN E VEÑEN


Xa saíron  tamén  as " Mochilas Viaxeiras " que, como en cursos anteriores gozan dunha moi boa acollida por parte do alumnado, de tal xeito, que cada ano temos unha importante 
" lista de espera ", xa que o número de mochilas é limitado.
                                       Aínda que cargar coa mochila supón un peso engadido para os rapaces e rapazas, o certo é que iso de " levar novelas e películas para a casa .. " dun xeito non obrigatorio, e só polo pracer de ler ou de ver unha película en familia é algo que lles gusta.
                                                Cada mochila inclúe : unha novela para o alumno-a, outra para pais/nais, un cómic e unha película para ver en familia. Tamén se lles manda unha carta de presentación da biblioteca e un cuaderniño, para que todos os integrantes da familia poidan facer as observacións sobre o material entregado que estimen convintes.

COÑECENDO A BIBLIOTECA

Como todos os anos, os alumnos-as de primeiro de ESO acudiron á Biblioteca  na " primeira visita guiada ". 
Aínda que moitos rapaces e rapazas xa a coñecían, a responsable da mesma lle explicou polo miúdo unhas certas normas de convivencia básicas, a distribución dos libros nos andeis, o sistema de préstamo, os libros máis interesantes das distintas coleccións que temos na Biblioteca do centro, así como as normas de uso dos ordenadores.
Logo, , eles mesmos puideron acceder a todas as 
coleccións da Biblioteca. Como todos os anos, a sección máis visitada é a dos comics, as revistas divulgativas , os xornais e as  " novelas de  literatura fantástica ".