lunes, 6 de octubre de 2014

AS MOCHILAS QUE VAN E VEÑEN


Xa saíron  tamén  as " Mochilas Viaxeiras " que, como en cursos anteriores gozan dunha moi boa acollida por parte do alumnado, de tal xeito, que cada ano temos unha importante 
" lista de espera ", xa que o número de mochilas é limitado.
                                       Aínda que cargar coa mochila supón un peso engadido para os rapaces e rapazas, o certo é que iso de " levar novelas e películas para a casa .. " dun xeito non obrigatorio, e só polo pracer de ler ou de ver unha película en familia é algo que lles gusta.
                                                Cada mochila inclúe : unha novela para o alumno-a, outra para pais/nais, un cómic e unha película para ver en familia. Tamén se lles manda unha carta de presentación da biblioteca e un cuaderniño, para que todos os integrantes da familia poidan facer as observacións sobre o material entregado que estimen convintes.

2 comentarios:

  1. Gustaríame engadir que as " Mochilas Viaxeiras " teñen moi boa acollida por parte das familias. De feito, xa foron entregadas na biblioteca as primeiras cinco mochilas que saíron hai quince dias. Aínda que as familias prefiren o anonimato, o máis salientable é que -polos comentarios que nos envían- parécelles a todos unha moi boa idea .

    ResponderEliminar
  2. Curiosamente, unha das cousas que máis comentan é o feito de poder " ver o domingo pola tarde unha película en familia, todos xuntos, é como ter un cine na casa... "

    ResponderEliminar