miércoles, 19 de noviembre de 2014

ARUME XOGAL : EMPEZA O XOGO !

Coma todos os anos, e este curso non podería ser menos, xa temos aquí de novo o Concurso do " Arume Xogal ".
Este ano participan os cursos de 3º de ESO, e, coma  sempre por Equipos.
Xogarán un día á semana, e os distintos equipos xa escolleron " os alcumes " :  " As EMS ", " Os Mascaberzas ", " Nós ", " Os Chícharos " ...
Cómpre lembrar que o Arume Xogal, tamén é chamado o Trivial Galego,  xa que segue a mesma mecánica de xogo, aínda que todas as preguntas están centradas en Galicia: Historia, Arte, Xeografía, Natureza, Literatura. Agardamos que este sexa tamén un bo xeito de achegarse á cultura galega. Ao rematar o xogo, haberá premios, que non poden faltar en ningún concurso.

2 comentarios:

  1. Cales son os premios?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Xogaron catro equipos , integrados por catro alumnos-as cada un . A cada integrante do equipo gañador se lle da un VALE por un importe determinado para facer efectivo nalgunha tenda ( informática ou librería ). A mediados de abril, continuaremos xogando con outros tres equipos.

      Eliminar