mércores, 26 de novembro de 2014

A DENUNCIA QUE SAE Á RÚA

Onte conmemorouse o  "  Día   Internacional  contra  a  Violencia  de  Xénero  ". Como en anteriores ocasións no IES Nº 1 fixemos varias exposicións.
Aínda que cada 25 de Novembro lembramos con actos de todo tipo a esas mulleres que están a sufrir estas traxedias, moitas veces en silenzo, non deberíamos esquecelas durante todo o ano, xa que a violencia de xénero, non son só os malos tratos físicos, senón que aínda en boa parte do mundo hai situacións insostibles e vergoñentas para multitude de mulleres: alí onde se lles nega o dereito á educación, ou son víctimas de traballos en condicións de escravitude, cando  son obrigadas polo seu pai a casarse  contra a súa vontade, cando se lle nega o dereito ao voto.. e tantos outros dereitos que están na mente de tod@s.
Pois aínda que pareza unha película de ciencia-ficción, estas cousas estan a ocorrer agora mesmo en moitos paises  non lonxe de nós.
Onte tamén saímos á rúa para facerlle un pequeno homenaxe e unha lembranza na Praza Maior de O Carballiño, a todas as mulleres que por mor da traxedia dos malos tratos, xa se quedaron polo camiño ( no que vai de ano son 45 as víctimas ).
Organizado pola Concellería de Igualdade e Benestar Social do Concello de O Carballiño, leváronse a cabo distintos actos  nos que participaron alumn@s de todos os centros educativos da vila.
 
Houbo un acendido de candeas, para lembrar as víctimas da violencia.
Tamén se puxo a disposición de todos os veciños-as un gran pano na rúa, para que todo o mundo puidera deixar a súa testemuña de repulsa por estes actos.
 
Na praza tamén había multitude de  paneis elaborados polos alumnos-as  dos distintos centros educativos. Tamén se leron por parte de todo@ os asistentes frases alusivas á violencia de xénero.
 
 
 
alumnos-as do IES no momento da actuación
Por fin, un grupo de rapaces e rapazas que estudian no Conservatorio interpretaron algúns fragmentos musicais.
 
Polo IES Nº 1 : Lucía Barrosa, Esteban Decabo e Manuel Vázquez, tocaron : " Sixième Sonate "  de   François  Devienne.
 
No IES tamén se fixeron varias exposicións :  sobre novelas  que tratan o problema dos malos tratos, poesías e cancións, e tamén as reflexións dos propios alumnos-as.
 
Para rematar, tamén se puxeron en dous paneis- a xeito de necrolóxicas- os nomes de todas as mulleres que levan morto a man de súa parella no que vai de ano
 

martes, 25 de novembro de 2014

CONTRA A VIOLENCIA

Todos teñen dereito á vida  e a integridade física e moral, sin que en ningún caso poidan ser sometidos a torturas nin a penas ou tratos inhumanos ou degradantes ".
                - Constitución española. Artigo 15.
 
 
" Os bárbaros que todo o fían á forza e a violencia, nada constrúen, porque a súa semente é de odio "
                  - Jose´ Martí.
 
 
Ël dirache: nunca atoparás un home que te quera como eu, e tí lle responderás: non desexo un home que me quera

mércores, 19 de novembro de 2014

ARUME XOGAL : EMPEZA O XOGO !

Coma todos os anos, e este curso non podería ser menos, xa temos aquí de novo o Concurso do " Arume Xogal ".
Este ano participan os cursos de 3º de ESO, e, coma  sempre por Equipos.
Xogarán un día á semana, e os distintos equipos xa escolleron " os alcumes " :  " As EMS ", " Os Mascaberzas ", " Nós ", " Os Chícharos " ...
Cómpre lembrar que o Arume Xogal, tamén é chamado o Trivial Galego,  xa que segue a mesma mecánica de xogo, aínda que todas as preguntas están centradas en Galicia: Historia, Arte, Xeografía, Natureza, Literatura. Agardamos que este sexa tamén un bo xeito de achegarse á cultura galega. Ao rematar o xogo, haberá premios, que non poden faltar en ningún concurso.