Xa é un " clásico " que, cando comenza un novo curso os alumnos-as de 1º de ESO e algúns do Bacharelato acudan á Biblioteca, nunha primeira visita guiada.
Nesta primeira toma de contacto, se lles proporciona todo tipo de información sobre: os fondos, o servizo de préstamo, os distintos recursos que poden atopar , o uso dos ordenadores, o horario, as normas de convivencia na mesma, etc..
Este ano, tamén falamos da nova asignatura que oferta o Centro para 1º de ESO: " Comprensión lectora e expresión oral e escrita: traballando competencias a través de proxectos de investigación ", e que se impartirá integramente na Biblioteca.
