lunes, 28 de septiembre de 2015

A PRIMEIRA VISITA Á BIBLIOTECA

Xa é un  "  clásico "  que, cando comenza un novo curso os  alumnos-as  de 1º de ESO e algúns do Bacharelato  acudan á Biblioteca, nunha primeira visita guiada.
 
Nesta  primeira toma de contacto, se lles proporciona todo tipo de información sobre: os fondos, o servizo de préstamo, os distintos recursos que poden atopar , o uso dos ordenadores, o horario, as normas de convivencia na mesma, etc..
 
Este ano, tamén falamos da nova asignatura  que oferta o Centro para 1º de ESO:  " Comprensión lectora e expresión oral e escrita: traballando competencias  a través de proxectos de investigación ",  e que se impartirá integramente na Biblioteca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario