venres, 27 de novembro de 2015

NOVEMBRO : MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA

No  IES  Nº 1 estamos a celebrar tamén  o mes da Ciencia na  Biblioteca , co manifesto de Jorge Mira Pérez en lugar ben destacado. Este ano tamén fixemos unha pequena exposición  de libros  que, dun xeito ou doutro falan de  ciencia: libros e manuais de bioloxía,  química ou matemáticas.
Hai libros " divulgativos " adapatados para  o alumnado das distintas etapas , e tamén , non poden fallar as  novelas, que teñen á Ciencia como protagonista: "  A soedade dos números primos ",  "  O árbol da Ciencia ", " Amigos en tempo real ", " O matemático do rei ", " Tiempo de silencio ", "  Ë  real  a realidade ? " Investigadoras galegas ". " Os dados do reloxeiro ".  Todo isto se complementa con biografíass de científicos tan importantes  como:  Isaac  Newton,  Charles  Darwin,  Albert Einstein   ou  Steve  Jobs

mércores, 25 de novembro de 2015

DÍA 25 DE NOVEMBRO: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este ano, decidimos facer un pequeno homenaxe e lembrar a todas as mulleres víctimas da  violencia de xénero a través dos traballos dos máis pequenos ( 1º de ESO ). 
Aproveitamos para iso a  nova asignatura que o centro oferta este ano:  Comprensión lectora/ Expresión oral  y escrita : trabajando  competencias a través de proyectos de investigación. Os alumnos-as de 1º de ESO  A, divididos en grupos , traballaron en varias sesións  o tema da  violencia de xénero, aínda que , pola súa idade, dun xeito máis sinxelo:  buscaron en  internet, e tamén en documentos impresos na Biblioteca, imaxes e textos, sen esquecer os propios debuxos  que fixeron eles mesmos.

O resultado son  estes paneis que vos amosamos no blogue, e que están colocados no corredor principal de acceso ás aulas.
Tamén, dende a Vicedirección do centro, vense de convocar un Concurso de Tuits contra a Violencia de Xénero, no que pode participar todo o alumnado do centro.
Aínda que o 25 de Novembro, é o día oficial no que se lembra a todas as víctimas da violencia de xénero, non debemos esquecer que, por desgraza, estes actos vergoñentos  ocorren os 365 días do ano, como se pon  de manifesto na cantidade de mulleres que morren ou que quedan malferidas. É importante subliñar tamén  que a violencia non é só maltrato físico :  aínda hoxe, existen moitos lugares no mundo nos que as mulleres se lles impide ir á escola , ou exercer o dereito ao voto.. dende meu punto de vista, esta conculcación dos  dereitos humanos, é  tamén un xeito de violencia estructural e cultural.

xoves, 12 de novembro de 2015

Lembranzas dun Magosto e dun Pobo

Hai moitos anos en días coma estes, os rapaces e rapazas do meu pobo celebrabamos con ledicia os  magostos. Na tarde do San Martiño  ( 11 de novembro ) nos botabamos aos montes da bisbarra cargados con chourizos , cachelos, chocolate ( a afamada tableta das onzas que aínda existe ), algunha que outra botella de viño- só os máis avispados - e por suposto as  castañas . Tamén cargabamos coas potas e cazos máis vellos que as nosas nais atopaban pola cociña. Con todos istes aparellos e a maior ilusión do mundo, nos espallábamos ( se a climatoloxía  acompañaba ) cara os montes de Mesego, o Parque Municipal, a zona do Balneario ou a Pena de Señorín ( onde agora se asenta o IES ).
A graza de todo isto era, unha vez ubicados no " asentamento " recoller piñas, poliñas de piñeiro e carballo, frouma, etc.. e " tentar " de facer unha fogueira. Digo o de " tentar ", porque as veces non o conseguíamos: á nosa inexperiencia de nenos pequenos e un pouco pueblerinos, se engadía o tempo climatolóxico, auténtica espada de Damocles que penduraba sobre o éxito ou o fracaso do Magosto:  se chovera a noite anterior, prender o lume era case que misión imposible.
                                                                                           
Pero se non chovía, naqueles  " tempos heroicos ", o máis normal era que fixera un frío peludo ( en palabras de miña avoa ), cunha grosa capa de xeada que non se derretía en varios días . Aínda así, as veces, conseguíamos facer unha fogatiña con máis fume que brasa e máis pena que gloria: entón a felicidade era completa !. Ben é certo que case sempre os cachelos estaban medio crus, os chourizos outro tanto e o chocolate sabía máis a fume ca outra cousa.
Das castañas mellor non falamos. Ou sí? : non as amoxetabamos adrede, para que estralaran no medio das brasas, coma se foran " bombas ", e xa para rematar, pintabamos a cara coa borralla..Desta " guisa " , voltabamos ao pobo xa ben entrada a noite. Os máis avispados que levaran o viño eran á volta os máis achispados.  Os Soportais, a Praza Maior, a Alameda íase enchendo pouco a pouco de rapaces e rapazas coa cara emborrallada. O viño que algúns  beberan xa empezaba a surtir efeto , producindo algunhas pequenas liortas e pelexas, aínda  que o sangue nunca chegaba ó río.
Todo isto, xa digo, pasou hai bastantes anos no meu pobo, a xente máis nova xa non o acorda. Xa non hai  fogatas nos montes do Carballiño, tampouco hai xeada, porque non vai o frío que ia daquela. So quedan as castañas , un regusto de chocolate con sabor a  fume e unha morea de lembranzas.
                      


luns, 2 de novembro de 2015

SAMAÍN

Xa  chega o Outono , e con el as castañas, as cabazas e o  Samaín. Todos os anos, por estas datas, no Centro se convoca un Concurso de Cabazas, que semellan ser as caliveras do mes de Santos. Este curso, non podía ser diferente, así que os rapaces e rapazas dos primeiros cursos de ESO, se animaron a retallar as cabazas  de todas as formas posibles: hai cabazas que son bruxas, outras son raíñas. Algunha leva un coitelo cravado..
Grazas a imaxinación sen límite dos máis pequenos , todos podemos disfrutar desta  exposición  de Samaín.