miércoles, 25 de noviembre de 2015

DÍA 25 DE NOVEMBRO: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este ano, decidimos facer un pequeno homenaxe e lembrar a todas as mulleres víctimas da  violencia de xénero a través dos traballos dos máis pequenos ( 1º de ESO ). 
Aproveitamos para iso a  nova asignatura que o centro oferta este ano:  Comprensión lectora/ Expresión oral  y escrita : trabajando  competencias a través de proyectos de investigación. Os alumnos-as de 1º de ESO  A, divididos en grupos , traballaron en varias sesións  o tema da  violencia de xénero, aínda que , pola súa idade, dun xeito máis sinxelo:  buscaron en  internet, e tamén en documentos impresos na Biblioteca, imaxes e textos, sen esquecer os propios debuxos  que fixeron eles mesmos.

O resultado son  estes paneis que vos amosamos no blogue, e que están colocados no corredor principal de acceso ás aulas.
Tamén, dende a Vicedirección do centro, vense de convocar un Concurso de Tuits contra a Violencia de Xénero, no que pode participar todo o alumnado do centro.
Aínda que o 25 de Novembro, é o día oficial no que se lembra a todas as víctimas da violencia de xénero, non debemos esquecer que, por desgraza, estes actos vergoñentos  ocorren os 365 días do ano, como se pon  de manifesto na cantidade de mulleres que morren ou que quedan malferidas. É importante subliñar tamén  que a violencia non é só maltrato físico :  aínda hoxe, existen moitos lugares no mundo nos que as mulleres se lles impide ir á escola , ou exercer o dereito ao voto.. dende meu punto de vista, esta conculcación dos  dereitos humanos, é  tamén un xeito de violencia estructural e cultural.

No hay comentarios:

Publicar un comentario