martes, 3 de mayo de 2016

" El Ingenioso Hidalgo D. Quijote de la Mancha " no IES Nº 1


Conmemorando o  " Día  Internacional  do Libro", adicado  este ano  ó IV Centenario  da morte de Miguel de Cervantes e  William Shakespeare, fíxose no centro unha  exposición de distintos materiais sobre D. Quijote " aportados pola profesora Mercedes Taboada Oterino do Dpto. de Língua e Literatura  Castelá. Estes materiais son froito  da elaboración de distintos traballos que fixeron os alumnos ao longo de varios cursos, estando estructurados en distintas áreas :
.-  Exposición dunha serie de edicións especiais de " El Quijote ", na que sobresae unha edición artesanal en papel feito a man.
 
.-  As  Comidas  dos  Fidalgos.
Qué comían os fidalgos nos séculos XVI ou XVII ?. A Exposición aporta tamén unha serie de receitas de comidas que se nomean na universal obra de Cervantes: " Duelos y quebrantos ", " Sopas de ajo ", ou  tamén  as coñecidas " Gachas manchegas ".
 
 
.-  " El Quijote en comic ". Unha selección de comics feitas polos alumnos-as dende o curso 1994/95.
.-  " El Quijote en el cine ". Relación de debuxos e películas que versionaron esta gran  obra da literatura universal.
.-  " El Quijote en el arte ".  Conta cunha selección de debuxos  que os máis importantes artistas adicaron ao " cabaleiro da triste figura".
Dende  Goya a E. Hopper pasando por Delacroix, Cezanne, Picasso  ou Dalí.
 
E, para rematar, amosar dende aquí o noso agradecemento á profesora Mercedes Taboada Oterino por gardar e clasificar todos estes materiais ao longo de varios cursos e poñelos agora a disposición do centro nesta interesante exposición.


No hay comentarios:

Publicar un comentario