![]() |
| Homenaxe a Manuel María. Letras Galegas 2016 |
Abrín os meus ollos ben abertos,
limpei o sentimento
para ollar e sentir ó Carballiño,
anaco inseparable de mín mesmo,
fermosísima tribu de Galicia.
Todo vai dentro de mín
dende o Irixo a San Cibrán das Lás
e dende Punxín deica ó Paraño:
historia, traballos, tradiciós,
emigraciós, paisaxes, romerías
e a emocionada humanidade
desta xente aberta e xenerosa
que sabe ganar o tempo
bebendo pausadamente o seu viñiño,
falando cos amigos de vagar,
escoitando ó vento
ou andando por ahí ós biosbardos.
O meu corazón queda no Carballiño,
e sei que un día calqueira se fará
lene rumor do Arenteiro
ou un acio dourado, ben granado,
que no setembro
madura ó sol lentamente en Cabanelas.
Manuel María. " Cantigueiro de Orcellón ". Edic. Avantar. O Carballiño, 1984
Estes carteis, feitos polos alumnos-as de 1º de ESO, queren ser unha pequena homenaxe a Manuel María, poeta a quen se adicou esta derradeira edición das Letras Galegas.
Manuel María tivo por razóns de amizade , unha fonda relación co Carballiño, que se plasmou na publicación en 1984 do Cantigueiro de Orcellón: baixo o seudónimo Erenesto-Afonso Reque Varela, o poeta vai degrañando en máis de trinta poemas, os lugares, as tradicións , e a cultura do " vello Carballiño ".
Xa son varios os anos que a " Sociedade Cultural Avantar ", coincidindo coas datas das Letras Galegas, mantén un roteiro polas rúas do Carballiño na que participan os centros educativos da vila e no que os rapaces e rapazas van recitando os poemas que Manuel María lle adicou , por exemplo, á Praza Maior, o Reloxio do Concello, á Veracruz, Balneario, río Arenteiro, etc..

