miércoles, 1 de junio de 2016

MANUEL MARÍA, O CARBALLIÑO E O " CANTIGUEIRO DE ORCELLÓN "


Homenaxe  a Manuel María. Letras Galegas 2016
Abrín os meus ollos ben abertos,
limpei o sentimento
para ollar e sentir ó Carballiño,
anaco inseparable de mín mesmo,
fermosísima tribu de Galicia.
Todo vai dentro de mín
dende o Irixo a San Cibrán das Lás
e dende Punxín deica ó Paraño:
historia, traballos, tradiciós,
emigraciós, paisaxes, romerías
e a emocionada humanidade
desta xente aberta e xenerosa
que sabe ganar o tempo
bebendo pausadamente o seu viñiño,
falando cos amigos de vagar,
escoitando ó vento
ou andando por ahí ós biosbardos.
O meu corazón queda no Carballiño,
e sei que un día calqueira se fará
lene rumor do Arenteiro
ou un acio dourado, ben granado,
que no setembro
madura ó sol lentamente en Cabanelas.
 
 
             Manuel María.  " Cantigueiro  de Orcellón ". Edic. Avantar.  O Carballiño, 1984
 
Estes carteis, feitos polos alumnos-as de 1º de ESO, queren ser unha pequena   homenaxe  a Manuel María, poeta  a quen  se adicou esta derradeira edición das Letras Galegas.
 
Manuel María  tivo por razóns  de amizade , unha fonda relación co Carballiño, que se plasmou na publicación en 1984 do Cantigueiro de Orcellón: baixo o seudónimo Erenesto-Afonso Reque Varela, o poeta vai degrañando en  máis de trinta poemas, os lugares, as tradicións , e a cultura do " vello Carballiño ".
 
Xa son varios os anos que a " Sociedade Cultural Avantar ", coincidindo coas datas das Letras Galegas, mantén un roteiro polas rúas do Carballiño na que participan os centros educativos da vila e no que os rapaces e rapazas van recitando os poemas que Manuel María lle adicou , por exemplo, á Praza Maior, o Reloxio do Concello, á Veracruz, Balneario, río Arenteiro, etc..

No hay comentarios:

Publicar un comentario