lunes, 19 de diciembre de 2016

UN CONTO DE NADAL

A porta do despacho de Scrooge estaba aberta para lle bota-lo ollo ó seu escribente que copiaba cartas máis alá, nunha celda pequena e lóbrega.  Scrooge tiña unha pequena cheminea, pero o lume do escribinte semellaba ter un só carbón. Non podía enchelo porque Scrooge gardaba a caixa do carbón  na súa sala, e en canto entrase cunha pá o xefe advertería de despedilo. Así que puxo a bufanda branca e tentou de se quentar coa vela; nembargantes fracasou no intento por pouco maxinador.

_ ¡  Bo Nadal, tío ! ¡ Deus te garde !- berrou unha voz animosa. Era a voz do sobriño de Scrooge que entrou tan rápido que este foi o primeiro aviso que tivo da súa chegada.
_¡ Bah ! _ dixo  Scrooge_ . Será parvo?.

O sobriño de Scrooge chegaba tan afervoado de camiñar de présa pola néboa e a xeada que rebrillaba , a cara rubia e belida, os ollos chispentos a bafo fumento .

- Parvada o Nadal, tío?. Non queres dicir iso, non si?.

- Si - dixo Scrooge -,  ¡ Bo  Nadal ... !  Que dereito tes a estar feliz?.  Ti es moi pobre..

- Pois logo- retrucou o sobriño- que dereito tes ti a estar triste?. Que razóns tes para ser un túzaro?. Ti es moi rico..

- Que outra cousa podo ser -respondeu Scrooge- vivindo en semellante mundo de babecos. ¡ Bo Nadal ...!. ¡ Déixate de bo nadal !. Que é para ti o Nadal máis ca un tempo de pagar contas sen te-los cartos, o tempo de atoparte un ano máis vello e ningunha hora máis rico , de facer balance e atopar que tódalas partidas que entran nos libros están contra ti?. Se poidese facer a miña vontade- seguiu dicindo Scrooge alporizado- tódolos parvos que van por aí co " Bo Nadal " nos beizos estarían cocidos na súa salsa e enterrados cunha estaca de aceiro cravada no corazón. ¡ Vaia que sí !.

Sobriño- retroucou con rixeza- festexa o Nadal ó teu xeito, e déixame a min facelo ó meu.

-  Hai moitas cousas que me puideron facer ben e que non aproveitei- respondeu o sobriño - entre elas o Nadal. Pero estou certo de ter pensado sempre no  Nadal, á parte da  veneración debida ó seu sagro nome e orixe, coma un tempo bo: amable, de perdón, caridade; un tempo agradable, o único tempo, que eu saiba, do longo calendario do ano, en que homes e mulleres parecen abrir libremente os seus corazóns e pensar nos demais coma se realmente fosen compañeiros de viaxe cara á eternidade e non outra raza de criaturas que van por outro camiño.
Pero, tío, ainda que o Nadal non me puxera unha raspa de ouro ou prata no bolso, coido que me ten feito ben. 
Así que , benia o Nadal !.


" Un  Conto  de Nadal  ".  Charles  Dickens. [ 1812-1870 ]. Edic. Xerais. Vigo, 1985 

   

1 comentario:

  1. Unha pequena mostra dunha das narracións máis fermosa de todas as que se teñen escrito sobre o Nadal. Debémoslla ó grande escritor Charles Dickens ( 1812-1870 ). Este conto foi composto polo autor en 1843 para lle felicitar o Nadal ós seus lectores.

    ResponderEliminar