venres, 24 de abril de 2020

Os Libros Máis Lidos


O Blogue das  Bibliotecas Escolares de Galicia ( Consellería de Educación ) ven de publicar a relación dos 40 autores/as e os 50 títulos máis lidos polos Clubs de Lectura dos centros educativos, así como o número de lecturas realizadas de cada autor-a.

Na biblioteca do IES Nº 1 , temos todos os títulos que aparecen no listado.. e moitos máis.

xoves, 23 de abril de 2020

Díptico editado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia para conmemorar o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor.

O texto pertence a Manuel Gago,  escritor, xornalista e animador sociocultural.

23 de Abril : A Aventura de Ler

Este ano, por mor da pandemia , será a primeira vez en dez anos que fallemos na cita de " Bibliotecas na Rúa ", evento que dende o ano 2011 se ven celebrando na Praza Maior do Carballiño, onde participamos  prácticamente todos os centros educativos da vila para conmemorar  O Día Internacional do Libro. Nunca fallamos, aínda que chovera, para iso temos os soportais  da Rúa Principal que o mesmo serven se chove como se vai moito calor.
Hoxe tería sido unha boa xornada, xa que a tarde é calurosa e despexada, pero haberá máis tardes e máis días..

Porque iso é o bó de ler : que nos permite facelo a calquera momento, calquera día e en calquera lugar. Coa lectura abrimos fiestras a mundos descoñecidos, vivimos múltiples historias e coñecemos outros xeitos de entender o mundo,  pero tamén nos atopamos a nós mesmos e nos sentimos máis acompañados.

Á beira do mar, baixo as árbores dun parque ( qué ledicia !! )  ou circunstancialmente confinados nas casas ( agás os que teñan xardín. Qué envexa !! ).

Hoxe lin  que por mor do Covid-19, aumentou a lectura en soporte dixital un 50%, e non me parece mal, porque os distintos soportes sexan dixitais ou en papel , son só medios para que non nos esquezamos de ler, que é o que realmente importa. Pero tamén agardo que cando se levante o estado de alarma sigamos acudindo ás librarías a mercar libros como sei que vindes facendo moitos de vós durante  todo o ano.

Ao longo da vida, son as distintas circunstancias e vivenzas as que van determiñando o nosos carácter, pero tamén os libros nos acompañan nesta travesía, de tal xeito, que todos nós rematamos sendo o que lemos. Todas esas portas que con cada libro se nos van abrindo. E non só aprendemos dos bos libros, senón tamén daqueles que non puidemos rematar, todos van deixando algunha pegada.

Hoxe,  case todas as edicións dixitais dos xornais traen interesantes guías de lectura. Neste blogue, hai algunha entrada  anterior con enderezos a Plataformas de Lectura moi interesantes para ler. O máis importante é ter curiosidade e gañas de abrir a mente e seguir aprendendo. Todo alimenta na lectura: a poesía, as novelas de distinta temática, mesmo ensaios sobre ciencia, historia, filosofía, etc..

Eu penso que tamén lemos para nos estar sós e para ser mellores.



FELIZ  DIA  DO  LIBRO  E  A  SEGUIR  LENDO  TODO  O  ANO  COMO  SE  FOSE  ABRIL !!

luns, 20 de abril de 2020

No Corazón do Mar / In The Heart Of The Sea



Esta película do ano 2015 está baseada nun feito real: o afundimento do barco baleeiro " Essex " que inspiraría tamén a Herman Melville na famosa novela Moby-Dick.

O barco baleeiro " Essex " sae do porto de Nantucket ( Massachusetts ) a finais de 1819, coa intención de capturar baleas ( cachalotes ) no Pacífico Sur: Naquel tempo, o aceite de balea, era moi apreciado xa que se usaba no alumeado de vivendas e rúas.

A película ilustra moi ben a caza de baleas e unha morea de moitos detalles sobre a vida mariñeira de principios do s. XIX.

As escenas da caza de baleas están moi logradas. Esta película é unha boa historia de aventuras no mar e de supervivencia.

Está dirixida por Ron Howard, sobre un guión de Charles Leavitt, e interpretada por : Chris Hemsworth, Benjamin Walker e Tom Holland  entre outros.

venres, 17 de abril de 2020

Galicia LE

galiciale.gal é unha Plataforma de Préstamo en formato electrónico das Bibliotecas Públicas. Alí atoparedes libros, revistas, audiolibros e tamén películas, tendo por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.


GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obra en formato dixital e temáticas diversas ( informática, historia, ocio, etc .. )


Atoparedes catálogos en galego e en castelán. As obras poderán visionarse en distintos dispositivos. :  Tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores personais. No caso dos libros tamén poderá facerse desde un Lector de Libro Electrónico.

Só tendes que entrar na páxina Webb e rexistrarse, as instruccións son moi precisas. Nestes momentos , por mor da pandemia , aínda é máis doado acceder á plataforma.

mércores, 15 de abril de 2020

SEGUIMOS APRENDENDO

O Ministerio de Educación y Formación Profesional, mantén unha Páxina Webb , cuio enderezo é leer.es con  recursos en liña para traballar distintas destrezas comunicativas. 


Entre as Áreas de Recursos están as correspondentes  de ESO e Bacharelato. Se premedes no enlace correspondente, atoparedes recursos de : Ciencias Sociais ( Xeografía e Historia, Ciencias Naturais, Cultura Clásica, Diversificación, Educación Física, Latín , Grego, língua e Literatura, matemáticas, Educación Plástica e Visual, Música, etc..
Hai documentos para docentes, estudantes, solucionarios e interesantes propostas gráficas sobre libros.

domingo, 5 de abril de 2020

EIGHT GRADE : Interesante película sobre a adolescencia

Estes días de confinamento fan que teñamos que   consumir máis horas de televisión que de costume . O sábado 4 de abril optei polo visionado de " Eighth Grade ". A verdade é que me sorprendeu e para ben . A protagonista- Kalia -  é unha adolescente que cumpre todas as características físicas e psíquicas que son propias desta etapa da vida: ten acné, é insegura, tímida, con problemas de relación co seu pai ..e tamén na escola. A película conta con moito realismo o que lle acontece non só na súa casa, senón tamén na escola, que xunto co móbil se convirten nos dous referentes máis importantes da película despois da propia protagonista.
Non quero seguir descubrindo máis cousas das " aventuras " de Kalia, porque paga a pena ver a película. 
A destacar o excelente traballo da actriz protagonista : Elsie Fisher, que só tiña 15 anos cando rodou esta película ( ano 2018 ), de feito estivo nominada para Óscar  de 2019, recibindo tamén mencións honoríficas nos festivais de Cannes e Sundance. Tamén hai que recoñecerlle ó director Bo Burnham un moi bó traballo, xa que esta película foi rodada cun presuposto relativamente baixo e coa etiqueta de " cine independente ".
Tentaremos de mercala para o próximo curso e que forme parte da nosa  videoteca

venres, 3 de abril de 2020

ORÍGENES: Unha intelixente explicación á evolución da especie humana

Cando se fala de algo tan insondable como a Historia da Humanidade, xeralmente poñemos o foco en nomear  ós líderes que marcaron as diferenzas, sinalar fenómenos como as migracións ou as pegadas das guerras e as suas consecuencias. Pero : que pasaría se cambiáramos o foco e puxéramos a evolución da Terra no centro das nosas consultas ?.
Pois ben, isto é o que fai Lewis Dartnell  en  " Orígenes ". Para o autor, o único xeito de comprender a nosa historia é explicar como o noso planeta dende o comezo dos tempos determinou o noso destino. Sostén que toda especie- a humana tamén- está condicionada polo seu ambiente. As forzas xeolóxicas ocasionaron a nosa evolución en África Oriental, os terreos montañosos característicos de Grecia favoreceron o nacemento da democracia nas polis, e mesmo o Himalaya garda unha curiosa relación coa formación das Illas Británicas.
A historia destas forzas, é, en definitiva a historia da humanidade.
" Orígenes "  amosa a extraordinaria pegada que a evolución da terra tivo na tranformación das civilizacións : a grande civilización exipcia non podería ter existido sen o concurso do río Nilo.
En palabras de Dartnell :  " ..a terra nos fixo: cada un de nós está feito literalmente de anacos dela : a auga do noso corpo fluíu algunha vez do Nilo, caeu como chuvia monzónica sobre a India e se arremuiñou no Pacífico. O carbono presente nas moléculas orgánicas, o calcio dos ósos e o ferro do sangue xurdiron por erosión das rochas da codia terrestre, e o xofre  das moléculas de proteina presentes no noso pelo e nosos músculos foron expulsados polos volcáns .. ".






"  Orígenes  ".  Lewis Dartnell.  Edit. Penguin Random House. Barcelona 2019