domingo, 5 de abril de 2020

EIGHT GRADE : Interesante película sobre a adolescencia

Estes días de confinamento fan que teñamos que   consumir máis horas de televisión que de costume . O sábado 4 de abril optei polo visionado de " Eighth Grade ". A verdade é que me sorprendeu e para ben . A protagonista- Kalia -  é unha adolescente que cumpre todas as características físicas e psíquicas que son propias desta etapa da vida: ten acné, é insegura, tímida, con problemas de relación co seu pai ..e tamén na escola. A película conta con moito realismo o que lle acontece non só na súa casa, senón tamén na escola, que xunto co móbil se convirten nos dous referentes máis importantes da película despois da propia protagonista.
Non quero seguir descubrindo máis cousas das " aventuras " de Kalia, porque paga a pena ver a película. 
A destacar o excelente traballo da actriz protagonista : Elsie Fisher, que só tiña 15 anos cando rodou esta película ( ano 2018 ), de feito estivo nominada para Óscar  de 2019, recibindo tamén mencións honoríficas nos festivais de Cannes e Sundance. Tamén hai que recoñecerlle ó director Bo Burnham un moi bó traballo, xa que esta película foi rodada cun presuposto relativamente baixo e coa etiqueta de " cine independente ".
Tentaremos de mercala para o próximo curso e que forme parte da nosa  videoteca

Ningún comentario:

Publicar un comentario