" Sapiens. De animales a dioses. Breve historia de la humanidad ".
Autor: Yuval Noah Harari.
" Cómo logrou a nosa especie imporse na loita pola existencia?. Por qué os nosos ancestros recoletores se uniron para crear cidades e reinos ?. Cómo chegamos a crer en deuses, nacións ou nos dereitos humanos; confiar no diñeiro, nos libros ou nas leis ?. Cómo rematamos sometidos á burocracia, ós horarios e ó consumismo?.
Cómo será o mundo nos milenios vindeiros ?. "
En " Sapiens " , Yuval Noah Harari traza unha breve historia de humanidade, dende os primeiros humanos que camiñaron sobre a terra ata os radicais e ás veces devastadores avances das tres grandes revolucións que a nosa especie ten protagonizado: a cognitiva, a agrícola e a científica. A partires de disciplinas tan diversas como a bioloxía, a antropoloxía, a palentoloxía ou a economía, o autor explora cómo as grandes correntes da historia determiñaron a nosa sociedade, os animais ou as plantas que nos rodean e mesmo a nosa personalidade.
" Sapiens . de animales a dioses. Breve historia de la humanidad ". Yuval Noah Harari.
Edit. Penguin Random House. Barcelona 2015. Colec. Debate.
" Big Van Ciencia. Científicos sobre ruedas ". Un colectivo de 19 investigadores : físicos, inxenieiros, bioquímicos, matemáticos ..contan dun xeito coloquial e divertido os últimos avances da ciencia. Consta de 2 vol. : " Si tú me dices gen lo dejo todo" : monólogos científicos para reirte de los teoremas, las bacterias y demás curiosidades ".
" Si venimos del mono. ¿ Por qué somos tan cerdos ? . Y otras preguntas interesantes , locas, frikis y descacharrantes de la ciencia y sus alrededores "
" Big Van Ciencia. Científicos sobre ruedas ". V.V. A.A.
Edit. La Esfera de los Libros. Madrid 2016
Autor: Lewis Dartnell.
A astrobioloxía é o estudo da vida no universo, sendo na actualidade un dos campos de coñecemento científico que suscita máis interese. Neste libro, L.Dartnell, ofrece mesmo o afeizoado coma ao publico non especialista un completo e sintético panorama actual dos principais retos desta apixoante área do saber : traza a historia da Terra, profundiza en Marte como mundo habitable e discute as posibilidades de vida noutros mundos do Sistema Solar.
" Vida en el Universo. Una introducción a la astrobiología " . Lewis Dartnell.
.- Alianza Editorial. Madrid , 2013. Colec. " El Libro de Bolsillo "
" Abrir en caso de apocalipsis. Guía rápida para reconstruir la civilización ".
Autor: Lewis Dartnell.
Unha pandemia incontrolabel, o impacto dun meteorito ou unha guerra nuclear; polo motivo que sexa, o mundo que coñecemos desapareceu, e os poucos sobrevivintes deben comenzar de cero.
Cales son os coñecementos fundamentais necesarios para reconstruir a nosa civilización?.
Tras recoller o pouco que queda, cómo se pode empezar a producir o esencial?. Cómo cultivar alimentos, xenerar electricidade, preparar medeciñas ou extraer metal das rochas ? ".
.- " Abrir en caso de apocalipsis . Guía rápida para reconstruir la civilización ". Lewis Dartnell.
.- Edit. Penguin Random House. Barcelona, 2015. Colec. " Debate ".
"" Este no es otro libro de Matemáticas . Un libro inteligente de actividades artísticas ".
Autoras: Anna Weltman ( textos ); Charlotte Milner ( ilustrac.)
" Dende facer perfectos polígonos de papel e teselas cúbicas con debuxos de gatos ata rizar o rizo con espirais de números e debuxos con pezas de dominó.
Descubre a Arte nas matemáticas , e as Matemáticas na arte, tanto dentro como fóra do papel.
.- " Este no es otro libro de matemáticas. Un libro inteligente de actividades artísticas "
Anna Weltman / Charlotte Milner. Edit. Blume, 2017.
" Mate-glifos. Orixe e evolución dos símbolos en Matemáticas ".
Autores: Nicanor Alonso / Miguel Mirás.
Cunha linguaxe accesible a todos os públicos, este libro percorre a historia das Matemáticas a través dos seus símbolos, dende os glifos dos xeroglíficos exipcios ata a sofisticada notación actual.
.- " Mate-glifos. Orixe e evolución dos símbolos en Matemáticas ". Nicanor Alonso/Miguel Mirás.
Edit. Xerais. Vigo, 2019. Colec. " Xerais Básicos Ciencia "
Autor : David Leavitt.
Unha mañá de xaneiro de 1913, G.H. Hardy- excéntrico e carismático, e considerado un dos máis grandes matemáticos ingleses de seu tempo- recibe un sobre misterioso con abundantes selos indios. Dentro atopa unha carta un tanto incoherente dun humilde contable de Madrás, Srinivasa Ramanujan, que dice ser matemático e afirma estar moi cerca de atopar a solución a un dos máis grandes problemas matemáticos da época.
Baseada nun feito real, este libro conta a historia verdadera da extrana e finalmente tráxica relación entre un admirado matemático británico e un xenio autodidacta e descoñecido.
.- " El contable hindú ". David Leavitt.
.- Edit. Anagrama. Barcelona, 2011. Colec. " Panorama de narrativas " .
" Cuentos y leyendas de las Matemáticas ".
Autor: Vicente Muñoz Puelles.
As matemáticas pareceron , en diferentes lugares e culturas, pola necesidade de levar as contas e medir as terras. Hoxe constituen unha linguaxe universal, de tal xeito que, se nos chegara unha mensaxe procedente doutra galaxia estaría expresado de forma matemática, e que, se algún día as definicións matemáticas que se enviaron en sondas espaciais , poderían ser interceptadas e interpretadas por intelixencias non humanas.
.- " Cuentos y Leyendas de las Matemáticas ". Vicente Muñoz Puelles.
.- Edit. Anaya. Madrid, 2017. Colec. " Tus Libros, Cuentos y Leyendas "






