domingo, 18 de outubro de 2020

19 DE OUTUBRO : DÍA DAS ESCRITORAS

 

"  O Día das Escritoras " é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración  coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias e coa asociación Clásicas  y  Modernas.

O obxectivo fundamental, é reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Como en edicións anteriores, a data elexida  é o luns  máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro.

No blogue das Bibliotecas escolares de Galicia ( Consellería de Cultura, Educación e Universidade ), tendes unha interesante recompilación de fragmentos de escritoras galegas, só tendes que premer no seguinte enderezo electrónico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario