Dende o ano 1997, cada 24 de Outubro, celébrase o Día Internacional das Bibliotecas, unha data que busca resaltar a importancia que ten este tipo de edificacións para a historia da humanidade como salvagarda da súa cultura, dos seus escritos, das súas crenzas. A historia dese día comenzou entre as cinzas e a perda de centos de miles de textos únicos.
En 1992, a
Biblioteca Nacional de Saraievo quedou totalmente en ruinas debido ó
conflicto bélico dos Balcáns. A imaxe que quedou gravada na mente
do mundo foi a do músico Vedran Smailovic, tocando o seu violonchelo
entre os cascallos do fermoso edificio, que tamén serviu como Casa do Goberno no século XIX.
Para os nacionalistas radicais que querían refundar o imperio persa, aquela edificación e moitas outras de estilo oriental, resultaban ser un insulto ás súas crenzas, por este motivo decidiron destruílos por completo.Ironicamente, a pesar de que moitos destes homes eran visitantes fieis á biblioteca, o home que deu a orde para a súa destrución era profesor de literatura na Universidade de Saraievo e lle encantaban os poemas de Shakespeare.
O memoricidio é a palabra que se utiliza para describir a destrucción do patrimonio cultural dun pobo. O médico e historiador croata Mirko D. Grmek, empregou por primera vez este termo nun discurso que dera ante as Nacións Unidas, dando orixe, non só á palabra, senon o propósito deste organismo de evitar a toda costa que este tipo de crimes de guerra seguisen a suceder no mundo.
¡Bo Domingo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario