Con diez cañones por banda,
viento en popa a toda vela,
no corta el mar, sino vuela,
un velero bergantín;
bajel pirata que llaman
por su bravura el Temido
en todo el mar conocido
del uno al otro confín.
..
Casi non fai falla dicir- polo coñecido que é - estas estrofas pertencen ao fermoso poema de José de Espronceda " La Canción del Pirata " ( 1835 ).
Neste mes de xaneiro a piques de rematar, no IES nº 1, dende a vicedirección do centro, se nos propón unha interesante mostra de paneis que nos falan do mar, baixo o título: " O Patrimonio marítimo de Galicia ", pertencente á Federación Galega pola Cultura Marítima e o CEIDA.
Pareceunos interesante acompañar esta colección, cunha pequena exposición de libros que teñen como temática-dun xeito ou doutro - o mar. A verdade é, que sin remexer moito nos fondos documentais da biblioteca, nos saíron vintetantos títulos, porque o mar, e todo o que ten que ver con el, foi e segue sendo unha fonte de inspiración para moitos autores
Hai un pouco para todos os gustos: dende " A Odisea " de Homero, " A Illa do Tesouro " ,
de Robert L. Stevenson, " Moby Dick " de Herman Melville, " As viaxes de Gulliver " de Jonathan Swift, " Aventuras de Robinson Crusoe " de Daniel Defoe, " 20.000 leguas de viaje submarino " de Jules Verne, " El corsario negro " de Emilio Salgari , " Las aventuras de Arthur Gordon Pym " de Edgar Alan Poe. Non nos esquecimos tampouco de narracións máis contemporáneas : " Gran Sol " de Ignacio Aldecoa, " Por los mares del Sur " de Manuel Vázquez Montalbán , ou os galegos: " A praia dos afogados " de Domingo Villar, " A expedición ao Pacífico " de Marilar Aleixandre, ou " A negrura do mar " de Ramón Caride Ogando. Esta exposición tamén conta con : " A guía dos peixes do mar de Galicia " e " A guía dos peixes das lonxas de Galicia "