Xa iniciamos un novo curso, cheo de novas aventuras,e a BIBLIOTECA do IES Nº1, "LECER DO LER", espérate para poder compartilas contigo.
Xa iniciamos un novo curso, cheo de novas aventuras,e a BIBLIOTECA do IES Nº1, "LECER DO LER", espérate para poder compartilas contigo.
Foi ademáis unha tarde de sorpresas, xa que o noso querido padriño Miguel Anxo Fernández agasallounos coa súa última publicación , un libro de relatos curtos do cal, é copartícipe.
No seu libro “Circe ou o pracer do azul”, Penélope, mentres tece ve como se achega aos seus aposentos un paxaro máxico. Este paxaro tráelle debaixo dunha pluma dunha á unha mensaxe de Circe que lle di que Ulises, marido de Penélope, non está morto e vive con ela.
Isabel, a nosa profe de Lingua e Literatura galega, tecendo o noso paxaro máxico
Moitas grazas Ledicia por lembrarte de nós.
O PAXARO MÁXICO E O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
HOMENAXE A BEGOÑA CAAMAÑO
Dende o Departamento de LGL e dende o EDLG,coa colaboración da Biblio "Lecer do LER", queremos invitarvos a que participedes dunha pequena homenaxe a Begoña Caamaño, a escritora á cal se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
No seu libro “Circe ou o pracer do azul”, Penélope, mentres tece ve como se achega aos seus aposentos un paxaro máxico. Este paxaro tráelle debaixo dunha pluma dunha á unha mensaxe de Circe que lle di que Ulises, marido de Penélope, non está morto e vive con ela.
Queremos reproducir pois, este fragmento e animámosvos a que escribades detrás dunha pluma que vos daremos coas instrucións, aquilo que vos apeteza: un desexo, un anhelo, unha esperanza, unha sentenza, frase ou oración que vos guste moito, uns versos, un poema, unha canción, etc. Pode ser en calquera idioma.
Axudádenos a que este paxaro que fixo o noso compañeiro de EpeV, José Miguel, voe alto e libre e leve as vosas misivas a onde él queira.
Moitas grazas
Departamento LGL e EDLG. Biblioteca "Lecer do LER".

Un ano máis, e xa van tres, celebramos o San Valentín, cunha mensaxe para tí. Os nosos cupid@s- voluntari@s, encargáronse de facer chegar mensaxes cheas de amor aos seus destinatarios e destinatarias, que os recibiron encantados. Esperamos que a tradición continúe e o amor reine de novo no noso querido centro. ❤❤❤❤❤❤
Xa chegou o Entroido ao IES Nº1, co estreo do novo grupo de percusión, formado polos alumnos de 2º ESO. A festa de disfraces 2026 foi rachada e a batucada non deixou de soar.
Grazas a todos os participantes e ao Departamento de Música por esta animada actividade.