"En Tempos de guerra construamos Muros de Paz".
Este alegato dos nosos alumnos da ESO, convida a rexeitar a lóxica da violencia, apostando por unha paz baseada no amor, a xusticia e o desarme integral das relacións humanas. A PAZ non pode estar baseada no medo ou na disuasión armada, senón no desarmamento da violencia, no amor e na educación. Por iso, debemos construír "muros de paz" mediante o diálogo, a empatía e a esperanza nun contexto global de conflitos.
Na entrada do IES, atoparedes unha escenificación deste lema, creada polos alumnos de 2º-3ºe 4º ESO, para a cal contaron coa colaboración do Departamento de Lingua e Literatura galega, e pola Biblioteca do centro.
Déixovos un pequeno vídeo de mostra desta actividade

Ningún comentario:
Publicar un comentario