mércores, 18 de marzo de 2026

Club de Lectura Frank Soutelo. "Un animal chamado néboa"

De novo unha amena e agradable tarde no noso Club de Adultos Frank Soutelo.
Despois do debate sobre o libro "Un animal chamado néboa" de Ledicia Costas, de novo desfrutamos da presenza de Miguel Anxo Fernández, que nos afreceu desta volta, unha interesante charla sobre a película visionada con anterioridade, "Vencedores o vencidos" comentando os aspectos cinematográficos máis relevantes da mesma.
Miguel Anxo agasallou as integrantes do Club cun exemplar da súa novela "Tres disparos e dous friames"da saga Frank Soutelo.  Agradecemos moito a súa implicación co noso Club, xa que  é un privilexio contar coa súa presenza.  
 

domingo, 15 de marzo de 2026

Club de Lectura Frank Soutelo. Tarde de Cine.

 

O Club de Lectura Frank Soutelo desfrutou dunha tarde de cine, co visionado da película "Vencedores o vencidos", e moi especialmente coa charla tan amena como interesante que o noso compañeiro Xesús Témez nos ofreceu sobre aspectos xurídicos relacionados con esta película, dos que él é tan bo coñecedor.

luns, 9 de marzo de 2026

8M Día Internacional da Muller.

Hoxe celebramos o Día Internacional  da Muller  cun recital de poesía a cargo de alumnas de 2º ESO.Esta escolma poética tivo lugar nos periodos de lecer de hoxe luns na nosa biblioteca, e serviu de conmemoración desta data tan importante. 
Así mesmo, tamén participamos no acto que organizou o Concello do Carballiño,sumándonos ao compromiso colectivo de seguir reclamando os mesmos espazos de xustiza e igualdade para todas as mulleres.

Presentación resumo de todas estas actividades.
 

venres, 6 de marzo de 2026

Encontros PLAMBE 2025-26

 

Un novo ano a Biblio do IES Nº 1 estivo presente nos Encontros PLAMBE que se desenvolveron no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela o día 5 de Marzo. Charlas e encontros con autores, para estar ó día das novidades e logros das bibliotecas escolares galegas.