domingo, 8 de novembro de 2026

Concursos de Samaín

 A biblioteca Lecer do Ler organizou un concurso de reels de medo para bacharelato.

As gañadoras foron Erea  e Anahí de 1º de bacharelato.

Tamén se entregaron na biblioteca os premios de Canto pesa a cabaza? que gañaron Brais Álvarez e Carmen Sánchez.

 




 

PODCAST DE SAMAÍN


 O alumnado de 3º ESO na clase de música con Ana Rivera fixo podcast de medo.

Escoita algúns dos seus traballos.



xoves, 29 de outubro de 2026

50 ANIVERSARIO DO IES NÚMERO 1

 O día 27 de xullo de 1976, inaugurouse en O Carballiño o I.E.S. Número1, polo que este ano estamos de celebración.

Para celebrar o 50 aniversario do instituto, e as cinco décadas construíndo futuro , o centro ten preparados varios actos, e ponencias ao longo do ano. Os distintos departamentos organizaron charlas-conferencias nas que antigos alumnos, profesores contan o seu paso polo IES.

Organizouse un acto oficial conmemorativo destas cinco décadas o día 17 de outubro de 2026, e a NOSA BIBLIOTECA tivo un lugar especial na visita ás instalación do centro, onde moitos estudantes e profesores de estes 50 anos recordaron os seus tempos  no Número 1.


martes, 27 de outubro de 2026

19 de outubro - DÍA DAS ESCRITORAS

 O día 19 de outubro, celebrouse o día das escritoras, co lema:

AS AMIGAS COMO FORMA DE LIBERDADE 

 O Día das Escritoras é unha iniciativa  organizada entre a Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas e Executivas Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas, asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura. Ademais, contará coa colaboración de Asociación Colexial de Escritoras e Escritores (ACE), o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO) e o Instituto das Mulleres. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Este ano o obxectivo é celebrar o centenario do Lyceum Club Feminino, institución que serviu de soporte para a participación das mulleres na vida intelectual, artística e pública desde o ano 1926. Mulleres da talla de María de Maeztu, Clara Campoamor, Victoria Kent, Zenobia Camprubí ou María Lejárraga foron algunhas das súas fundadoras e colaboradoras.

A undécima edición poñerá o foco nas redes de apoio, complicidade e creación compartida que fixeron posible o desenvolvemento de moitas escritoras e intelectuais e que continúan sendo fundamentais para o avance da igualdade.


 

sábado, 24 de outubro de 2026

TRÍPTICO DE INFORMACIÓN DA NOSA BIBLIOTECA


TRÍPTICO DE INFORMACIÓN PARA USUARIOS


XORNADAS DE FORMACIÓN DE NOVOS USUARIOS PARA ALUMNADO DE 1º ESO

Durante as primeiras semanas de outubro, e nas horas de titoría, ou cos titores de 1º da ESO, fixemos unhas xornadas de formación para os novos usuarios.

En estas sesións coñecimos a biblioteca, os seus fondos, libros, xogos, tablets..., e fixeron un pequeno xogo para poñer en práctica o aprendido.

Esperamos contar coa vosa presencia pronto. 

Benvida a toda a comunidade á BIBLIOTECA "LECER DO LER"

mércores, 14 de outubro de 2026

BENVIDO CURSO 2026 - 2027!!!!


Xa iniciamos un novo curso, cheo de novas aventuras,e a BIBLIOTECA do IES Nº1, "LECER DO LER", espérate para poder compartilas contigo.