O PAXARO MÁXICO E O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
HOMENAXE A BEGOÑA CAAMAÑO
Dende o Departamento de LGL e dende o EDLG,coa colaboración da Biblio "Lecer do LER", queremos invitarvos a que participedes dunha pequena homenaxe a Begoña Caamaño, a escritora á cal se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
No seu libro “Circe ou o pracer do azul”, Penélope, mentres tece ve como se achega aos seus aposentos un paxaro máxico. Este paxaro tráelle debaixo dunha pluma dunha á unha mensaxe de Circe que lle di que Ulises, marido de Penélope, non está morto e vive con ela.
Queremos reproducir pois, este fragmento e animámosvos a que escribades detrás dunha pluma que vos daremos coas instrucións, aquilo que vos apeteza: un desexo, un anhelo, unha esperanza, unha sentenza, frase ou oración que vos guste moito, uns versos, un poema, unha canción, etc. Pode ser en calquera idioma.
Axudádenos a que este paxaro que fixo o noso compañeiro de EpeV, José Miguel, voe alto e libre e leve as vosas misivas a onde él queira.
Moitas grazas
Departamento LGL e EDLG. Biblioteca "Lecer do LER".

Ningún comentario:
Publicar un comentario