martes, 24 de febreiro de 2026

Día de Rosalía. Un Pensamento ....un Verso.



Un Pensamento....un Verso.

Celebramos o Día de Rosalía cunha proposta dos alumnos de 1º ESO, que escolleron e ilustraron unha escolma de poemas da nosa autora, baixo o título de "Un Pensamento....un Verso". Algúns deles, incluso se animaron a facer as súas propias poesías, engadindo estrofas aos poemas escollidos.
Esta escolma serviu de base para a decoración da biblioteca, xunto cunha exposición dos libros máis representativos da autora.
Grazas a todos por participar tan activamente na conmemoración desta efeméride.





 

Ningún comentario:

Publicar un comentario