martes, 2 de julio de 2013

PECHADO POR VACACIÓNS

Este  curso rematou para todos, máis houbo quen tivo un agasallo ou máis, pola súa participación en actividades ao longo de todo o ano. É un premio ao esforzo e o traballo " extra " de moitos rapaces e rapazas dos distintos centros educativos da vila. Se ben é certo que elexín como título "  Pechado por vacacións ", tamén se podería titular  : " O esforzo ten premio ".  Porque , precisamente o que se premiou con esta derradeira actividade, é isto: rapaces e rapazas que, ao longo do curso que agora remata " sacrificaron "  parte das súas horas de lecer para ler libros do Club de lectura, aínda que me consta que para todos eles, a lectura, non é ningún sacrificio. Ou que  unha vez á semana acodían voluntariamente á Biblioteca para comentar os libros que estaban lendo, que entraban no biblog  e nos deixaban -a través dos comentarios- as súas impresións. É dicir, rapaces e rapazas entusiastas e participativos - sempre dispostos a acodir ós distintos actos que se celebraron non só dentro do IES, senón tamén fóra do mesmo .


Quero agradecer aquí a colaboración de todos os rapaces-as integrados nos Clubs de lectura e tamén no Equipo de Biblioteca, por contribuir á  visibilización da Biblioteca fóra do ámbito estrictamente educativo, xa que non só leron libros ou dinamizaron o blogue da biblioteca, senón que participaron activamente en actos promovidos conxuntamente polos distintos centros educativos e o Concello do Carballiño e que se desnvolveron na Praza Maior .


Por eso, o Concello, a través da Concellalía de Benestar Social e Igualdade decidiu premialos cunha estancia nun centro de actividades lúdicas e deportivas, que se atopa na localidade de Laias . Alí acodimos nun autobús posto tamén polo Concello, con moi bó ánimo e con gañas de pasalo ben. O certo é que o tempo acompañou, e tamén a incomparable paisaxe da ribeira do Miño, onde se desenvolveron as actividades.
Agardamos que, para o ano podamos continuar con todas estas boas experiencias.. e mesmo melloralas.
Pode que esta sexa a derradeira entrada no blogue ata setembro, aínda que nunca se sabe. De todos os xeitos, felices vacacións para todos-as. Vémonos  pronto!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario