Manuel Vázquez Augusto (4º ESO) ven de rematar a súa primeira novela:
"A lenda de Aventura I, o báculo de Lum", e por este motivo lle facemos unha entrevista.
-Pertence ao xénero de fantasía (pura e dura).
- Podes adiantarnos de que vai a túa novela?
-O protagonista (Michael) é un rapaz normal, que leva unha vida sinxela e, de súpeto, un día ao chegar á casa descobre que está máis vencellado a Aventura do que el pensaba, e que a súa vida non é tan simple e sinxela. Verase introducido nun mundo que desafía todo o que el coñece ou cría coñecer. E non descubro máis, porque agardo que moita xente (entre eles meus compañeiros do centro) cheguen a ler a novela, se ma publican.
- Cal é a xénese desta novela?
-Saíu un pouco por azar e sen pensalo moito: comecei a finais do verán de hai dous anos, porque nese momento foi cando descubrín o mundo da literatura fantástica. Como dixo Ruíz Zafón no seu primeiro libro:
"Escribín un libro que a min me gustaría haber lido cando tiña 13 ou 14 anos". Eu non tiña un guión, e a historia foi saíndo a medida que a ía escribindo.
- A túa novela vai dirixida a un tipo de lector/a específico/a?
-Fundamentalmente, a xente nova e con imaxinación.
- Como gran lector que eres de literatura fantástica, por que cres que á xente nova lle gusta tanto este tipo de literatura?
-Pode que, pola idade, fartámonos antes do mundo real, e para esquecer os problemas cotiáns, que mellor que "evadirse" a outros mundos!

- A túa novela xa está rematada. Tes esperanza de vela algún día publicada?
-Si, porque lina varias veces e non me aburriu e, de momento, todos os que a leron non me deron malas críticas, e eso anímame.
- Pensas seguir escribindo? Haberá segunda parte da "lenda"?
-Por suposto. De feito, xa estou empezando a escribir o segundo libro desta
saga.
Moitas gracias por responder a este cuestionario, e moita sorte!
Ningún comentario:
Publicar un comentario