martes, 27 de enero de 2015

OS LIBROS E O MAR.. UN MAR DE LIBROS


Con diez cañones por banda,
viento en popa a toda vela,
no corta el mar, sino vuela,
un velero bergantín;
bajel pirata que llaman
por su bravura el Temido
en todo el mar conocido
del uno al otro confín.
..
 
Casi non fai falla dicir- polo coñecido  que é -  estas estrofas pertencen ao fermoso poema de José de Espronceda  " La Canción del Pirata "  ( 1835 ).
Neste mes de xaneiro a  piques de rematar, no  IES nº 1,  dende a vicedirección do centro, se nos propón  unha interesante mostra de paneis     que  nos falan do mar, baixo o título:  " O Patrimonio marítimo de Galicia ", pertencente á Federación Galega pola Cultura Marítima e o CEIDA.
Pareceunos interesante acompañar esta colección, cunha pequena exposición de libros que teñen como temática-dun xeito ou doutro -  o  mar. A verdade é, que sin remexer moito nos fondos documentais da biblioteca, nos saíron vintetantos títulos, porque o mar, e todo o que ten que ver con el, foi e segue sendo unha fonte de inspiración para moitos  autores


Hai un pouco para todos os gustos: dende  "  A Odisea  "  de Homero,  " A Illa do Tesouro " ,
de Robert L. Stevenson,  " Moby Dick " de  Herman Melville, " As viaxes de Gulliver "  de Jonathan Swift,  "  Aventuras de Robinson Crusoe "  de  Daniel Defoe, " 20.000 leguas de viaje submarino " de  Jules Verne,  " El corsario negro " de Emilio Salgari , " Las aventuras de Arthur Gordon Pym "  de Edgar Alan Poe. Non nos esquecimos tampouco de narracións máis contemporáneas : " Gran Sol " de Ignacio Aldecoa, " Por los mares del Sur " de Manuel Vázquez Montalbán , ou os galegos: " A praia dos afogados " de Domingo Villar, " A expedición ao Pacífico " de  Marilar Aleixandre, ou  " A negrura do mar " de Ramón Caride Ogando. Esta exposición tamén conta con : " A guía dos peixes do mar de Galicia " e  " A guía dos peixes das lonxas de Galicia " 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario