O 14 de maio, coincidindo case coa data da conmemoración das Letras Galegas , celebramos o Roteiro Poético no Carballiño : os rapaces e rapazas dos centros de ensino da vila, leron versos de Manuel María, poeta da Terra Chá pero moi vencellado por amistade ó Carballiño, de tal xeito que compuxo máis de trinta poemas, recollidos no seu libro: " Cantigueiro de Orcellón "
![]() |
O periplo iniciouse no Balneario, lendo un poema sobre o Río Arenteiro, seguimos pola Igrexa da Veracruz.
O TEMPLO DA VERACRUZ.
Na vila do Carballiño
un bosco de pedra e luz,
nube, silencio, camiño:
¡ o templo da Vercruz !
Voltóuse a pedra oración,
arte prós tempos vindeiros:
¡ eiquí quedóu a canción
dos marteles dos canteiros ! ..
Seguimos a ruta pola Praza Maior, Fonte do Concello, Fonte de Flores, onde se leron os poemas que Manuel María lle dedicou a todos estes recunchos do pobo, acompañados polas notas da guitarra dunha das profesoras que participaba no roteiro . Rematamos nun dos lugares máis emblemáticos do " vello Carballiño " : A Eira de Flores , onde se cantou o himno galego e se recitaron as derradeiras estrofas do poema : Canción da Eira de Flores:
![]() |
| Na Eira de Flores |
Eira de flores,xentil,
labradora e feirante,
engado puro e sotil
entre quedo e camiñante.
Tés o hórreo e o cruceiro,
unha rúa toda en costa,
moita xente no estranxeiro
e perguntas sin resposta.
Eira de Flores, amiga
da Fonte Municipal:
¡ cómo relembras a espiga
de louro trigo candeal |
Dende aquí quero agradecer a todos os alumnos-as do IES Nº 1 que participaron no roteiro: Nerea Carreiro, Adrián López, Antía Expósito, Enma González, Ramón Pérez, Laura Pinal, Abril Ciociola e Esteban Decabo, a súa colabroación con andaina incluída.
Lembrar aquí tamén, e darlle as gracias a Eduardo Bernárdez da Asociación Cultural Avantar, que é o auténtico impulsor e mantedor desta actividade.
Lembrar aquí tamén, e darlle as gracias a Eduardo Bernárdez da Asociación Cultural Avantar, que é o auténtico impulsor e mantedor desta actividade.


Ningún comentario:
Publicar un comentario