Este ano decidimos conmemorar o Día Internacional do Libro dun xeito especial : trátase de saír á rúa- neste caso á Praza do Concello do Carballiño- e amosarlle os veciños e veciñas parte das cousas que estamos facendo na Biblioteca. Foi unha experiencia na que participamos xunto coa Biblioteca Municipal e o IES " Chamoso Lamas ".
A experiencia resultou do máis interesante e gratificante para todos os alumn@s que participaron na mesma.
A xornada empezou ás seis da tarde na Praza, con un Grupo de Contacontos para animar aos máis pequenos
Nos dous expositores que nos facilitou o Concello, puxemos unha pequena mostra de libros do fondo da Biblioteca.
Tentamos de levar unha pequena representación do que temos na Biblioteca: narrativa en castelán e en galego, comics, películas, e tamén unha pequena mostra do noso Fondo de Documentación Local, que foi un dos recunchos máis concorridos.
Puxemos en marcha a campaña " Faite soci@ da Biblioteca do IES Nº 1 " como vedes nas imaxes: trátase de abrir a Biblioteca a todos os veciñ@s no que atinxe ao servizo de préstamo de libros e de películas.
Esta actividade foi levada a cabo polos alumn@s integrados no Club de Lectura de 1º de ESO e tamén polos alumnos do Equipo de Biblioteca. Dende aquï quero darlle as grazas a todos eles pola súa magnífica colaboración e participación tan entusiasta.
Mentras os alumnos do Equipo da Biblioteca atendían os dous expositores e daban información a todos os que se acercaban aos mesmos, os alumn@s do Club de Lectura organizaron unha especie de comando literario: identificados cunhas gorriñas nas que figuraba o logo e o nome do noso centro
se distribuiron por toda a praza e rúas adxacentes, aproveitando o bo tempo e a gran afluencia de xente nas terrazas. As integrantes do " comando ", despois de identificarse, pedían amablemente se lle daban permiso para ler un pequeno fragmento dun libro.Cando remataban lle deixaban o texto e tamén un marcapáxinas de regalo .
A iniciativo tuvo moi boa acollida e, en xeral a xente amosouse encantada e moi amable coas rapazas.
Se leron pequenos fragmentos de obras como: " Madame Bovary " de Gustave Flaubert, " El amor en los tiempos del cólera " de Gabriel García Márquez, " A esmorga ", de Eduardo Blanco-Amor; " Donde el corazón te lleve " de Susanna Tamaro; " Terra Brava " de Ánxel Fole; " Amor de Artur " de Xosé L. Méndez Ferrin; " Unha historia que non vou contar " de Simón Cid Cabido.
" Merlín e familia ", de Álvaro Cunqueiro; " La sombra del viento " de Carlos Ruíz Zafón.
" La mecánica del corazón " de Mathias Malzieu. " Como agua para chocolate " de Laura Esquivel. " Memorias dun neno labrego " de Xosé Neira Vilas; " Vento ferido " de Carlos Casares.
Tamén houbo tempo de ler poemas como : " Documentos persoaes " de Manuel María, " O soño sulagado " de Celso Emilio Ferreiro..
Tampouco nos esquecemos dos escritores do Carballiño, e os rapaces e rapazas leron tamén pequenos fragmentos de : " La Cruz del Salvador ", de Juán M. Valcárcel, ou " Lume de Cobiza ", de Miguel Anxo Fernández, tendo en conta ademais que O Carballiño é o escenario onde se desenvolve a maior parte da acción en ditas novelas.
Para rematar, tamén quero agradacer os veciños/as do Carballiño, a súa colaboración e a amabilidade con que atenderon a este voluntarioso " comando literario "
| UNHA EXPERIENCIA MOI INTERESANTE QUE AGARDAMOS PODER REPETIR |






