martes, 9 de abril de 2013

MARCOS CALVEIRO: "PALABRAS DE AUGA"


     O escritor Marcos Calveiro acompañounos esta mañá para falarnos do seu libro "Palabras de Auga".   Mantivo cos alumn@s de 1º de ESO unha amena charla seguida dun coloquio, onde el explicou a situación da poboación que vive ó carón do Sahel Africano. Falounos de linguaxes como o suahili que é unha das linguas máis empregadas en África. Tamén nos falou dos massai e das condicións de escravismo na que viven moitos nenos da mesma idade dos alumnos de 1º de ESO: o traballo en condición de escravos dos cativos que están a extraer o coltan (un material que se emprega nas baterías dos móbiles), ou o reclutamento forzoso dos nenos para participar nas guerrillas locais.


video












1 comentario:

  1. Marcos Calveiro tamén virá a miña escola, espero que nos ensine tantas cousas coma a vos.

    ResponderEliminar