miércoles, 19 de junio de 2013

TEMPO DE VERÁN, TEMPO DE LECTURA

Achégase o verán, as vacacións, e, tamén un tempo moi bó para ler xa sin os apuros e os agobios das lecturas que facemos durante o curso. Dende a  Biblioteca , vos propoñemos algúns títulos, aínda que é moito o que se pode ler.


"  A  Malvada  Mª  Xosé  ".  Miguel  Vázquez  Freire. A historia de Mª Xosé, unha rapaza de 14 anos que vive e estudia na Coruña, pesa  uns cantos quilos de máis e é moi intelixente. Na súa clase está Viri, outra rapaza moi afeccionada ás novelas de misterio e que monta unha " panda " con nenos e nenas da súa clase. Mª Xosé decide gastarlles unha broma, e a cousa vaise complicando un chisco, iniciando así unha complexa aventura na que non falla  a espionaxe de sistemas informáticos, ou a intervención da policia..

"  Tiempo de Palabras en Voz Baja ".

de Anne.Lise Grobéty.

O protagonista da historia e seu mellor amigo Oscar viven nunha pequena cidade alemana nos momentos previos ó auxe do nazismo. Os pais de ambolosdous tamén son moi amigos, compartindo a súa paixón pola poesía. Pero pouco a pouco, nesta pequena vila, as relación entre os veciños se van transformando: xa non se miran ós ollos, nin se falan como antes: hai que medir as palabras e a vida cotiá faise imposible.

"  A   Illa  do  Tesouro   ".

Robert Louis Stevenson.

Un clasico da literatura universal: representa a novela de aventuras en estado puro, na cal  a procura mítica dun tesouro actúa como móbil para a fuxida cara escenarios exóticos onde a liberdade é posible.


"  Donde   los  árboles   cantan  ".

Laura  Gallego.

A través das páxinas deste libro descubrimos Nortia, un mundo fantástico de cabaleiros medievais, e poderemos revivir a vida nos castelos, as fazañas dos heroes, as festas, as feiras... pero tamén a guerra e o desacougo. Os personaxes son máxicos e, a través do Gran Bosque, aprendemos a apreciar a riqueza da natureza.
                                                                          É  tamén nha historia fantástica e de amores imposibles


"  Memorias  dun  Neno  Labrego "

Xosé  Neira  Vilas.

É un dos libros máis lidos da literatura galega, e xa un clásico.
A historia de Balbino, un neno do rural galego na década dos coarenta.
A pobreza, as súas inquedanzas, a emigración, as súas aventuras..
Todo a través dos ollos do pequeno Balbino.




"  Horario  de  Clase  ".

Christine  Nöstlinger.

Anika ten problemas na casa, na escola, e cos cartos, pero tamén cos seus amigos, co seu pelo, cos anos. Gústalle Wolgang, pero éste non lle fai moito caso. Arredor deles hai moita máis xente: pais, profesores, compañeiros de clase, camareiros. Un castigo de clase colectivo provoca a convocatoria dunha folga no instituto : será unha boa ocasión para saber de verdade  o que quere, e de que vai cada un.


"  Palabras  de  Auga  ".

Marcos  Calveiro .

A situación da poboación que vive no Sahel africano. A língua suahiili, unha das máis empregadas en África. Os antigos guerreiros massai. A condición  de escravismo na que viven moitos nenos e nenas no continente africano, extraendo por exemplo, o coltán ( material empregado nas baterías dos móbiles ), ou o reclutamento forzoso de nenos para participar nas " guerrillas " locais.
De todas estas cousas nos fala o libro de M. Calveiro.

                              "  Fantasmas  de  Luz  ".

Agustín  Fernández  Paz.

A  vida de Damián e outros empregados da sala do cine cambia de repente cando reciben a nova de que o local vai pechar. Dun xeito progresivo, os seus corpos comenzan a se volver trnsparentes e invisibles aos ollos das persoas que viven ao seu redor.
Esta obra de Fernández Paz, fálanos de exclusión e invisibilidade, pero tamén é unha homenaxe ao cine, e as vellas salas que van esmorecendo e desaparecendo.



"  El  caso  Kurílov  ".

Irene  Némirovsky.

En 1903, León M. revolucionario bolchevique, recibe o encargo de executar a Valerian Alexándrovich Kurílov, ministro da instrucción pública do zar Nicolás II. Un atentado que os líderes do partido agardan converter nun golpe definitivo ó réximen imperial. Baixo identidade falsa, o xoven León consegue entrar no servizo do ministro, un home temido pola súa crueldade, pero que, debido a unha enfermidade terminal ten os días contados..





"  La  Tierra  Silenciada  ".

Graham  Joyce.

Unha parella ( Jackie e Zoe ), quedan atrapados nun alude mentras están esquiando. Conseguen sair e volven ó hotel onde se aloxan para esquecer o desagradable episodio. Pero a partir de ahí, empezan a pasar extranos sucesos: non  hai liñas de teléfono, desaparecen todos os hóspedes. Intentan fuxir.. máis todos os camiños os volven a levar ao punto de partida.
Todo semella detido e silencioso..


 "  Madame  Bovary  "

Gustave  Flaubert.

Unha das obras maestras da literatura de todos os tempos.
As inquedanzas e dasacougos de Emma  Rouault, que casa cun médico-Charles Bovary- dunha pequena vila provinciana, e pouco a pouco os seus sonos de levar unha vida elegante e distinguida vanse esmorecendo.
Mellor nos seguir contando, e ler ou reler as vicisitudes de Emma Bovary, coa que tantas mulleres da súa época ( mediados do s. XIX ) se identificaron.



                             "  Unha  historia  que non  vou  contar  "              

                                                  Simón  Cid  Cabido.

A partir dun suceso real que conmocionou Vigo a principios dos anos 70, a novela arrastra con voracidade ao lector por unhas páxinas ateigadas de intriga, humor, orixinalidade e constantes referencias cinematográficas que conforman o particular universo literario de Cid Cabido, un dos mellores contadores de historias da actual narrativa galega.




"  Ardalén  ".

Miguelanxo  Prado


 Historia sobre a memoria e as lembranzas dende unha perspectiva ampla.
Unha obra moi rica, chea de matices e fermosísima, tanto a nivel gráfico como no seu relato.

No hay comentarios:

Publicar un comentario