miércoles, 12 de junio de 2013

PORTÁTIL: A REVISTA DO IES Nº 1

Xa é unha tradición no IES nº 1 a publicación da revista PORTÁTIL, Este ano adica a súa portada a  Roberto Vidal Bolaño e tamén un artigo no interior. A revista vense publicando dende hai 30 anos no centro dun xeito anual . É  importante porque nela escriben fundamentalmente os alumnos/as. Este ano algúns dos artigos veñen asinados por integrantes dos Clubs de lectura e tamén do Equipo de Biblioteca. Polo que respecta á temática, hai de todo un pouco: nalgún se nos explica por qué se celebra  " o día da nai ". Outros versan sobre " Unha viaxe a Lugo ", ou nos propoñen: " Un itinerario de interese xeolóxico e medioambiental polas serras da dorsal galega: Testeiro, Suido, Faro de Avión..".No artigo: " A chegada do polbo a Oseira " nos explican  como é posible que os pulpos do mar de Marín remataran 100 Km. mar adentro, perto do mosteiro de Oseira. " A lenda de Aventura "  é o título do  libro que está escribindo un alumno de 3º de ESO, cuio primeiro capítulo aparece tamén na revista. Hai tamén espazo para a crítica literaria, musical, pasatempos, etc.., sen esquecernos das fotos das viaxes a Grecia dos alumnos-as de Cultura Clásica e, para rematar , o que xa é unha vella tradición da revista: unha reportaxe con todos os grupos ( ESO e Bacharelato ) do Centro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario