martes, 20 de maio de 2014

ROTEIRO POÉTICO : O POETA MANUEL MARÍA CANTA NO ORCELLÓN

Cruceiro da Eira de Flores
O pasado 15 de Maio, alumnos-as de 1º , 3º e 4º de ESO, participaron nun Roteiro  Poético, xunto con outros tres centros educativos.
                 O bo tempo tamén axudou moito a este periplo polas rúas carballiñesas de máis de duas horas e media e, nas que se leron poemas de Manuel  María , en concreto de seu poemario: " Cantigueiro do Orcellón ". O poeta lucense adicou estas cantigas ou poemas ó Carballiño: máis ben a lugares emblemáticos do pobo: O Balneario, a Praza Maior, o vello reló do concello, a fonte de Flores, A  Pena dos Namorados, A Vera Cruz, ás feiras, e moitos dos vellos oficios de Carballiño e a bisbarra.
                                           Os primeiros poemas foron lidos polos rapaces e rapazas no Balneario.
                                                             O noso centro , contribuiu coa lectura de tres poemas:


Doris e Teresa lendo o poema
Doris e Teresa de 1º de ESO, leron  " A Canciociña da Praza Maior ".

Cuadrada Plaza Maior
que fachendeas de urbana:
¡ tés un ventiño cantor
e non sei qué de aldeana !

Plaza Maior feiticieira,
con pouquiños soportales:
¡ Aínda cheiras a feira
e a bandos municipales! 
..............


Abril e Manuel len na fonte do Concello
Abril e Manuel ( 1º de ESO ) leron a " Cantiguiña da fonte do concello ".

Feita de pedra sonora
a Fonte Municipal:
¡ esfachica o seu cristal
en música que enamora !

Con pasos vivos, lixeiros
a auga baixa correndo:
¡ as recuas e os arrieiros
xa levan tempo bebendo!

Con son seguro e ferinte
a fonte xorra amodiño
¡ e a xente do Carballiño
escoita, mira e consinte !


Ana Ross e Alex recitando a Manuel María

Ana Ross e Alex cantáronlle ao " Vello reló da Plaza Maior " :

Este reló do Concello,
redondo coma unha roda:
¡ Endexamáis se fai vello
e nunca pasa de moda..!

Semella un ollo desperto
ou o vaivén da marea,
o tempo correndo incerto
ou cecais a lúa chea.

As súas leves badaladas,
cheas de melanconías..

no vello cabaceiro da Eira de Flores
Lembrar que a A.C. " Avantar ", é a que se encarga de organizar todos os anos este roteiro e, polo que se ve cada vez con máis afluencia e maior participación por parte dos centros educativos do Carballiño. Dende aquí  queremos agradecer a: Paula, Ana Ross, Abril, Esteban, Marina, Alejandro, Mateo, Doris Isabel, Manuel, Teresa Gabriela, Adrián, Daniel e Manuel a súa participación nesta actividade.




martes, 13 de maio de 2014

CONMEMORANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

  
No IES  Nº1 tamén conmemoramos O Día das Letras Galegas. Estes tres alumnos que se amosan nos videos leron poemas de: Xosé María Díaz Castro, do seu libro " Nimbos " en concreto: " Polpa dorida " ,  " A noite é necesaria " e " Esmeralda ".






Visita da escritora Andrea Maceiras

Momento da presentación da escritora
Na tarde do Luns , 12 de maio, recibimos a visita da escritora : Andrea Maceiras, que nos falou de seu libro :  "  O Segredo do lagarto Arnal "
                              A presentación correu á cargo de Esteban Decabo, alumno de 1º de ESO.
A escritora empezou por falarnos da palabra " segredo ", xa de por sí unha palabra fascinante e suxestiva, que ten a forza de atraernos, aínda que, as veces, os segredos poden ser escuros..
A escritora, foi analisando polo miúdo algunhas partes da trama, e outros aspectos da novela que ela considera máis salientables.
Dun xeito esquemático pódese dicir que a historia conta as andanzas de David, un rapaz que volta á aldea polo verán  básicamente para saber que lle ocurreu a seu  curmán Marcos.
Segundo as palabras da autora, nesta novela o máis salientable sería:
.- Hai varios misterios, moitas cousas que están ocultas.
.- Parte da intriga ven dada pola 2ª identidade que teñen os protagonistas
Andrea Maceiras  nun momento da disertación
David escolle o nome de lagarto Arnal.
Catuxa convértese en Avelaiña.
Alex en Buxo. Existe un espazo entre o que nós pensamos de nós  mesmos e como nos ven os demáis.
Tamén existen " trampantollos ", é dicir:   pensamos que as cousas ocorren dun xeito determinado e logo remantan  doutro.
.- Os persoeiros son moi novos e andan a precura da súa identidade ( algo moi propio da adolescencia ).
.- Salienta tamén a importancia da figura de Marcos, un rapaz tímido,  moi intelixente e. como reflicte a novela moi marcado polo acoso escolar que sofre, que o leva mesmo a desaparecer... Este persoeiro é o simbolo de que a miúdo, se rexeita o que nos parece diferente. Tamén se barallaron conceptos como a realidade e a normalidade.



A autora  tamén nos explica o importante que é para ela a natureza, presente dun xeito ou doutro en case que todas as súas novelas.
Aproveita tamén neste intre para falar sobre o respeto ao medioambiente...

Foi, en resumidas contas, unha reunión moi proveitosa na que os alumnos e alumnas aproveitaron o momento do coloquio para facerlle moitas preguntas a  Andrea.



Para rematr, e como non podiá ser doutro xeito, a autora asinou moitos exemplares de  " O Segredo do lagarto Arnal " que foi lectura obrigatoria este curso para 1º de ESO.
Nós tamén aproveitamos para que Andrea  nos asinara os exemplares que temos na Biblioteca.
Dende aquí, queremos darlle as grazas pola súa amabilidade e amena intervención.

venres, 9 de maio de 2014

Abril, a Ciencia e a Biblioteca

Abril e Ciencia
Rematamos este mes de abril, falando de Ciencia, e cunha pequena exposición  dalgúns dos libros que temos na Biblioteca: dende " Unha Guía da Saúde ", pasando por algún volúme de Historia da Ciencia e da tecnoloxía. Sen esquecernos  de monografías sobre:  a Materia, a Química, o Corpo Humano, Contos de Matemáticas e de Lóxica, unha publicación sobre " avifauna local ". ou o Universo.
Figuran tamén na exposición, algunhas publicacións máis divulgativas, pero sen perder rigor científico : " Unha serie de artigos científicos " pubricados polo  New Tork Times, " Cómo llegó el árbol a la manzana" , de Robert Kaspar; " Cartas a un joven Científico " de Edward Wilson (  gañador do P. Pulitzer ), e tamén un interesante estudo sobre  " Investigadoras galegas "  ( 2 vol. ) de  Iolanda Casal.

Abril e Ciencia
Tamén hai un apartado  nesta pequena escolma,  de novelas que falan de Ciencia, algunhas , auténticos clásicos da Literatura Universal como :  " Frankenstein " de Mary Shelley, " Dr. Jekyll & Mr. Hyde "de R.L. Stevenson ou
" De la Tierra a la Luna "  de Jules Verne. Seguimos  con  " Fundación e Imperio " de Isaac Assimov; " Alicia do outro lado do espello " de Lewis Carroll;  "  Mi familia y otros animales " de Gerald Durrell;  " Tiempo de silencio " de Luís Martín Santos ; " Un mundo feliz " de Aldous Huxley ;  " El sueño de Hipatia " de  Luís Calvo Poyatos ; 
" El médico " de Noah Gordon; " El nombre de la rosa " de Umberto Ecco; " El Perfume "  de   Patrick Süskind ;
" La soledad de los números primos "de Paolo Giordano ;
" El diablo de los números " de Hans Magnus Henzesberger. Algunhas das novelas adiantáronse a súa época e prefiguraron tecnoloxía ou circunstancias que no seu momento foron consideradas como de ciencia-ficción, é o caso das novelas de Jules Verne, ou de Aldous Huxley. Outras, nos amosan  como a ciencia  non sempre está o servizo da humanidade, aínda que afortunadamente esta constitúe  unha moi pequena parte dos experimentos científicos.

martes, 6 de maio de 2014

Donde esté mi corazón

As alumnas do Club de Lectura de 2º de ESO están a ler : "  Donde esté mi corazón " de Jordi Sierra I Fabra . Ë a historia de  Montse, unha rapaza que sofre un grave problema de saúde : estivo ás portas da morte.. pero consegue saír e ir, pouco a pouco refacendo a súa vida, ou eso pensa ela. Aínda que é unha novela  romántica,  nos fala tamén da loita da protagonista por superar as secuelas físicas e psicolóxicas dunha grave operación. 
Nela aparecen outros personaxes, case todos adolescentes: Carolina, a mellor amiga de Montse; Arturo, antigo noivo da protagonista e, sobre todo Sergio, que aparece dun xeito inesperado na vida de dela
É , en definitiva unha historia romántica, onde  hai moitas sorpresas e se reflicten distintos tipos de sentimentos: cara ós pais, os amigos, etc..
Agardamos os vosos comentarios sobre esta novela.