martes, 20 de mayo de 2014

ROTEIRO POÉTICO : O POETA MANUEL MARÍA CANTA NO ORCELLÓN

Cruceiro da Eira de Flores
O pasado 15 de Maio, alumnos-as de 1º , 3º e 4º de ESO, participaron nun Roteiro  Poético, xunto con outros tres centros educativos.
                 O bo tempo tamén axudou moito a este periplo polas rúas carballiñesas de máis de duas horas e media e, nas que se leron poemas de Manuel  María , en concreto de seu poemario: " Cantigueiro do Orcellón ". O poeta lucense adicou estas cantigas ou poemas ó Carballiño: máis ben a lugares emblemáticos do pobo: O Balneario, a Praza Maior, o vello reló do concello, a fonte de Flores, A  Pena dos Namorados, A Vera Cruz, ás feiras, e moitos dos vellos oficios de Carballiño e a bisbarra.
                                           Os primeiros poemas foron lidos polos rapaces e rapazas no Balneario.
                                                             O noso centro , contribuiu coa lectura de tres poemas:


Doris e Teresa lendo o poema
Doris e Teresa de 1º de ESO, leron  " A Canciociña da Praza Maior ".

Cuadrada Plaza Maior
que fachendeas de urbana:
¡ tés un ventiño cantor
e non sei qué de aldeana !

Plaza Maior feiticieira,
con pouquiños soportales:
¡ Aínda cheiras a feira
e a bandos municipales! 
..............


Abril e Manuel len na fonte do Concello
Abril e Manuel ( 1º de ESO ) leron a " Cantiguiña da fonte do concello ".

Feita de pedra sonora
a Fonte Municipal:
¡ esfachica o seu cristal
en música que enamora !

Con pasos vivos, lixeiros
a auga baixa correndo:
¡ as recuas e os arrieiros
xa levan tempo bebendo!

Con son seguro e ferinte
a fonte xorra amodiño
¡ e a xente do Carballiño
escoita, mira e consinte !


Ana Ross e Alex recitando a Manuel María

Ana Ross e Alex cantáronlle ao " Vello reló da Plaza Maior " :

Este reló do Concello,
redondo coma unha roda:
¡ Endexamáis se fai vello
e nunca pasa de moda..!

Semella un ollo desperto
ou o vaivén da marea,
o tempo correndo incerto
ou cecais a lúa chea.

As súas leves badaladas,
cheas de melanconías..

no vello cabaceiro da Eira de Flores
Lembrar que a A.C. " Avantar ", é a que se encarga de organizar todos os anos este roteiro e, polo que se ve cada vez con máis afluencia e maior participación por parte dos centros educativos do Carballiño. Dende aquí  queremos agradecer a: Paula, Ana Ross, Abril, Esteban, Marina, Alejandro, Mateo, Doris Isabel, Manuel, Teresa Gabriela, Adrián, Daniel e Manuel a súa participación nesta actividade.




No hay comentarios:

Publicar un comentario