martes, 13 de mayo de 2014

Visita da escritora Andrea Maceiras

Momento da presentación da escritora
Na tarde do Luns , 12 de maio, recibimos a visita da escritora : Andrea Maceiras, que nos falou de seu libro :  "  O Segredo do lagarto Arnal "
                              A presentación correu á cargo de Esteban Decabo, alumno de 1º de ESO.
A escritora empezou por falarnos da palabra " segredo ", xa de por sí unha palabra fascinante e suxestiva, que ten a forza de atraernos, aínda que, as veces, os segredos poden ser escuros..
A escritora, foi analisando polo miúdo algunhas partes da trama, e outros aspectos da novela que ela considera máis salientables.
Dun xeito esquemático pódese dicir que a historia conta as andanzas de David, un rapaz que volta á aldea polo verán  básicamente para saber que lle ocurreu a seu  curmán Marcos.
Segundo as palabras da autora, nesta novela o máis salientable sería:
.- Hai varios misterios, moitas cousas que están ocultas.
.- Parte da intriga ven dada pola 2ª identidade que teñen os protagonistas
Andrea Maceiras  nun momento da disertación
David escolle o nome de lagarto Arnal.
Catuxa convértese en Avelaiña.
Alex en Buxo. Existe un espazo entre o que nós pensamos de nós  mesmos e como nos ven os demáis.
Tamén existen " trampantollos ", é dicir:   pensamos que as cousas ocorren dun xeito determinado e logo remantan  doutro.
.- Os persoeiros son moi novos e andan a precura da súa identidade ( algo moi propio da adolescencia ).
.- Salienta tamén a importancia da figura de Marcos, un rapaz tímido,  moi intelixente e. como reflicte a novela moi marcado polo acoso escolar que sofre, que o leva mesmo a desaparecer... Este persoeiro é o simbolo de que a miúdo, se rexeita o que nos parece diferente. Tamén se barallaron conceptos como a realidade e a normalidade.



A autora  tamén nos explica o importante que é para ela a natureza, presente dun xeito ou doutro en case que todas as súas novelas.
Aproveita tamén neste intre para falar sobre o respeto ao medioambiente...

Foi, en resumidas contas, unha reunión moi proveitosa na que os alumnos e alumnas aproveitaron o momento do coloquio para facerlle moitas preguntas a  Andrea.



Para rematr, e como non podiá ser doutro xeito, a autora asinou moitos exemplares de  " O Segredo do lagarto Arnal " que foi lectura obrigatoria este curso para 1º de ESO.
Nós tamén aproveitamos para que Andrea  nos asinara os exemplares que temos na Biblioteca.
Dende aquí, queremos darlle as grazas pola súa amabilidade e amena intervención.

No hay comentarios:

Publicar un comentario