miércoles, 25 de marzo de 2015

Investigadoras do Carballiño : Mª Eugenia Pereira Rodríguez e Teresa Miras Portugal

Dous exemplos de investigadoras e científicas da nosa vila.


Mª Eugenia Pereira Rodríguez
Mª Eugenia  naceu no Carballiño en 1895.
Foi a primeira muller galega que obtén a licenciatura en Farmacia. Era filla dun notario César Pereira e de Purificación Rodríguez. Seu pai non a recoñeceu ata 1913.
 
Mª Eugenia estudará no Instituto Provincial de Ourense, realizando todos os cursos por libre e, acadando unhas moi boas cualificacións.
A pesares da oposición de seu pai, decide continuar estudos na Universidade de Santiago de Compostela, inscribíndose en Farmacia en 1918 e, coa nota media de notable obtén a licenciatura en 1923.
 
Mª Eugenia tamén figura  en 1920 matriculada na Facultade de Medeciña ( especialidade de hixienista ).
 
Estivo en réxime de pensión no Instituto Pasteur e tamén en Barcelona. Por oposición obtivo a praza de Xefe de Laboratorio Químico da Aduana da Cidade Condal.
 
 
 
 
Teresa  Miras  Portugal
Teresa Miras  naceu no Carballiño.
Licenciada en Farmacia con premio Extraordinario  e Premio Nacional fin de carreira.
 
Doctora en Farmacia  ( Madrid ) e Doctor Sciences ( Estrasburgo, Francia ). Catedrática de Bioquímica  e Bioloxía Molecular da Universidade Complutense.
 
Mª Teresa  é  membro de numerosas sociedades científicas, tendo cargos de responsabilidade en moitas delas.
 
Está especializada no papel dos nucleótidos nas conexións neuronais, especificamente en enfermidades neurodexenerativas como o Párkinson ou o Alzhéimer.
Foi a primeira muller que presidiu  a Real Academia Nacional de Farmacia, dende o ano 2007 ata 2013.
 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario