mércores, 24 de xuño de 2015

E PARA REMATAR , ALGUNHAS SUXESTIÓNS LECTORAS

 
Nada mellor para rematar este mes de xuño  que facer unha  proposta de lecturas  suxeridas polos propios alumnos-as do centro. A partires da  enquisa sobre hábitos lectores  que se lle pasou ó alumnado da ESO  no pasado mes de maio.
 
 
.-   " El  Teorema  de  Katherin ".  John  Green.  Edit. Nube de Tinta.
.-   " Olga  e  o  dinosaurio ".  Breogán Riveiro/ Andrés Meixide. Edit.Galaxia.
.-   " Trece  anos  de Branca ". Agustín  Fernández  Paz. Edic. Xerais.
.-   " Finis  Mundi ".  Laura  Gallego.  Edit. S.M.
.-   " Recinto  Gris ".  Ledicia  Costas. Edic. Xerais
.-   " Miña  Querida  Sherezade ".  Andrea  Maceiras. Baía  Edic.
.-   " Cazadores  de  sombras ". Cassandra  Clare. Edit. Destino.
.-   " Los Juegos  del  Hambre " ( triloxía ). Suzanne  Collins. Edit. RBA Molino.
.-   " Divergente ".  Verónica  Roth.  RBA. Molino
.-   " Memorias de Idhum ". ( triloxía-cómic ).  Laura  Gallego.  Edic. S.M.
.-   " Nunca  seré  tu  héroe  ".  María  Menéndez-Ponte.  Edic. S.M.
.-   " Memorias de un gato tonto ".  Luís  Blanco  Vila.  Edit.  Edebé.
.-   " A  historia  interminable ".  Michael  Ende. Edit.  Alfaguara.
.-   " Marina ".  Carlos  Ruíz  Zafón.  Edit. Planeta.
.-   " Lúa  de  Senegal ".  Agustín  Fernández  Paz. Edic. Xerais.
.-   " Las luces de septiembre ".  Carlos  Ruíz  Zafón.  Edit. Planeta .
.-   " De ratos e de homes ".  John  Steinbeck.  Edit. Galaxia.
.-   " Lo  que  Alice  olvidó ". Liane  Moriarty.  Random  House- Debolsillo.
.-   " El  alquimista  impaciente ".  Lorenzo  Silva.  Edit. Destino
.-   " O  espido  de  Xina ".  Miguelanxo  Fernández.  Edic. Xerais.
.-   " La cruz del salvador ".  Juan  Manuel  Valcárcel.  Edit.  Guiverny.
.-   " Hombres  sin  mujeres ".  Haruki  Murakami.  Tusquets  editores.
.-   " La  templanza ".  María  Dueñas.  Edit.  Planeta.
 
 
 
 


martes, 23 de xuño de 2015

AS ACTIVIDADES TEÑEN PREMIO

 
 
 
O  19  de  xuño no IES  Nº 1  se entregaron os  Premios as Actividades Deportivas, Extraescolares e Complementarias:
 
MODALIDADE  DEPORTIVA:
Badminton .
1º)  Edgar López.
2º)  Iván Fernández.
3º)  Hugo Caderno.
4º)  Sara Francisco.
5º)  Alejandro Diéguez.
6º)  Adrián Blanco.
 
 
 
 
Enrique Rodríguez, Iván Gil, Diego Fernández, Lucas González
.

Futbol  Sala .
1º  Grupo Clasificado :  " Sporting de Chistorra "
 
.-  Robin  Heras.
.-  Enrique  Rodríguez  Ballesteros.
.-  Iván  Gil  Conde.
.-  Diego  Fernández.
.-  Lucas  González.
.-  Mateo  López.
 
 
 
 
 
 
 
2º   Grupo  Clasificado :  J.L. Wallace.
 
Edgar Bernárdez, Julio J..Gómez, Noel Rodríguez
 
 
 
.-   Adrián  Pol  Fernández.
.-   Edgar  Bernárdez.
.-   Julio  José  Gómez.
.-   Adrián  Rodríguez  Fernández.
.-   Noel  Rodríguez  Vigo.
 
 
 
 
 
 
 
 
                                                                                      3º  Grupo  Clasificado:  Mosteirón  F.S.
 
Pablo González, Víctor Martínez, Aitor Amado
 


.-   Alejandro   Varela.
.-   Martín   Álvarez.
.-   Aleixo   Fernández.
.-   Pablo   González.
.-   Miguel   Soengas.
.-   Víctor   Martínez.
.-   Aitor   Amado.
.-   Carlos   Troitiño.





Máximos  Goleadores:  1º) Enrique Rodríguez, 2º) Edgar Bernárdez;3º) Robin Heras.


Enrique Rodríguez
Edgar  Bernárdez


 
 
BALONCESTO.                                      


                                                                              1º  Clasificado:  Paninis
 

Iván  Gil, Xoán E.Iglesias,Pablo González, víctor Martínez, Aitor Amado



.-   Iván   Gil.
.-   Xoán   Eusebio   Iglesias.
.-   Pablo   González.
.-   Víctor   Martínez.
.-   Aitor   Amado.








2º   Clasificado: Carrás B.C.
Cristian  González,  Marcos A. Franco, Hugo Caderno, Moisés Caride.

3º   Clasificado:  Drink  Team.
Miguel  Soengas, Diego  Cabaleiro, Martín  Álvarez,  Alejandro  Varela,  Álvaro Rivero.

Máximos  Encestadores.
1º)  Xoán Eusebio Iglesias; 2º)  Edgar López; 3º)  Miguel  Soengas.

Xoán Eusebio Iglesias


                     ACTIVIDADES  EXTRAESCOLARES  E  COMPLEMENTARIAS


5º   Premio :   María  Millán  Pérez.  4º   Premio:  Ana  Ross  Castro  Janeiro.


María  Millán  ( 5º premio )

3º   Premio :  Adrián  Godás  Della  Rippa  e  Nazareth  Pedrouzo  González.


Nazareth  Pedrouzo  ( 3º Premio )



2º   Premio :   Manuel   Vázquez  Augusto.

Manuel  Vázquez  Augusto  ( 2º  premio )




1º    Premio :   Esteban  Decabo  Nogueira .

O gañador do 1º premio: Esteban Decabo co director do Centro:  Manuel Amil







                           NORABOA   E   FELICES  VACACIÓNS !!

















luns, 15 de xuño de 2015

NO ANO DA LUZ FALAMOS DE ESCURIDADE E APOCALIPSE

Portada da Revista Portátil. Xuño 2015
A piques de rematar o curso, publícase no IES a 31 edición  da revista  Portátil  adicada  ó  Ano Internacional da  Luz e as Tecnoloxías baseadas na Luz, celebrando deste xeito as investigacións de científicos como Fresnel, Maxwell ou  Einstein. Polas mesmas datas en que a ciencia puña luz e progreso tecnolóxico a moitos ámbitos da vida cotiá, un escritor inglés de orixe polaca- Joseph Conrad- sorprendía ó mundo cunha novela relativamente curta :  " O Corazón da Escuridade "  ( 1902 ) : a escuridade contraposta á luz.
 
Evidentemente a " escuridade " do relato é a que asola e dasacouga o ser máis profundo dos humanos e, por tanto, máis insondable, de tal xeito, que habita nun lugar que non admite ningún tipo de iluminación e tampouco ningunha explicación racional.
 
Joseph Conrad
A orixe deste relato ten que ver coa vida do propio escritor que durante  seis meses foi contratado por unha compañía belga adicada á comercialización de marfil dende as costas africanas. Conrad traballou  como capitán dun navío que surcaba  as augas do río Congo, quedando fondamente impactado pola brutalidade con que estas compañías europeas ( belgas, inglesas ou francesas ) actuaban en África, propiciando así a matanza e exterminio de milleiros de seres humanos. A novela ten certos tintes autobiográficos, encarnados sobre todo no persoeiro de Marlowe, narrador da historia .
 
Pero non hai dúbida de que a personaxe central do relato é o señor Kurtz: aínda que aparece ao final da mesma , toda a narración está tinguida pola súa búsqueda e as constantes referencias que se fan del: xefe dunha explotación de marfil no corazón da selva e a quen se considera un home de calidades extraordinarias.
 
A Marlowe se lle encomenda ir na súa precura, propiciando así unha especie de viaxe iniciática  onde será testemuña de brutais e salvaxes accións cometidas en nome da  " civilización ". Cando chega ó encontro con  Kurtz, Marlowe é un home profundamente decepcionado, roto por dentro, por todos os abusos que vira cometer, comprobando con estupor como Kurtz tamén vén de protagonizar o seu propio descenso ós infernos: o seu  aillamento no cerne da selva, remata por transformalo nun ser brutal e despótico que mesmo consente  en ser adorado polos nativos como si dun deus se tratase.
 
Apocalypse  Now
No ano 1979, un cineasta italo-americano: Francis Ford Coppola, partindo do relato de Conrad , retoma de novo o tema da deriva e o embrutecemento moral ao que pode chegar un ser humano. Xorde así un dos grandes films de toda a historia cinematográfica :  Apocalypse  Now . A acción transcorre na guerra do Vietnam : tamén na película  o  capitán Willard ( Martin Sheen ) recibe a orde de internarse na xungla para matar ao coronel Kurtz , un laureado militar que remata volvéndose tolo , creando unha especie de reino independente e incontrolable , facéndose tamén adorar polos nativos. Curiosamente , a personaxe do coronel Kurtz, maxistralmente interpretado por Marlon Brando, recibe o mesmo nome que no relato de Conrad.

Sexa a  escuridade da colonización europea do continente africano no século XIX ou a apocalipse  da guerra do Vietnam da segunda metade do século XX ambos os dous relatos constitúen unha crónica moi realista dos complexos procesos mentais e morais que se producen nas personas sometidas a condicións extremas.




mércores, 3 de xuño de 2015

CLUB DE LECTURA : LENDO " LA TRIBUNA " DE EMILIA PARDO BAZÁN

Moitos son os trazos que confirman " La Tribuna " como-segundo moitos autores- a primeira novela naturalista da literatura española :
Cigarreiras. Pintura de Walter Gay
-  As  descricións detalladas ( produto dunha observación directa ) do ambiente e actividade das cigarreiras, así como das propias mozas, en especial de Amparo, a protagonista. Plenamente naturalista é a descrición do seu arrabaldo, sen omitir os detalles máis desagradables á hora de reflectir a súa extrema pobreza.
-  Abundante presenza de personaxes deformes ou con defectos psíquicos ou físicos: elefantiase, herpetismo.. Os hirmáns da gardiá: un é crofusoso, outro xordomudo. Salientamos en especial o carácter naturalista de personaxes como a vella Porcona e o retrasado Chinto, continuamente degradado a través de frecuentes  animalizacións: " Se Chinto non fose un animal", " ..mulo..",  " .. coma o trotar dunha acosada alimaña montés.. ".
-  As teorías darwinianas son acollidas plenamente polo Naturalismo, xa que ambos coinciden na súa visión do mundo. No capítulo XXX, Pardo Bazán cita expresamente a Darwin para mostrar o seu acordo coa lei de adaptación ao medio como medida de supervivencia.
O narrador omnisciente é outra característica propia dos movementos realista e naturalista. Nesta novela queda patente en numerosas ocasións; por exemplo, cando describe o que senten ao contemplarse Amparo e Baltasar.
-  O contexto histórico non é un simple telón de fondo, senón que forma parte do tecido da narración.
Os pronunciamentos, a revolución do 68 chamada " A gloriosa " que acaba co reinado de Isabel II e que van creando o caldo de cultivo propicio para a posterior chegada da República cuxos prolegómenos quedan fielmente retratados na novela. A Unión do Norte e a visita dos delegados de Cantabria, en cuxa asemblea participa activamente Amparo cun dos seus acendidos e apaixoados alegatos que enardecen o auditorio.
caricatura da época do reinado de Isabel II
Os sucesos de Valencia, reflectidos na obra de teatro representada.. A historia individual de cada personaxe forma parte deses acontecementos e viceversa, son todo a mesma cousa; vémolo no caso da protagonista e tamén no de Baltasar, que para distanciarse do seu " compromiso " con Amparo, acode a Navarra para participar na guerra carlista que daquela ten lugar. Á fin, como broche simbólico que xunta a vida persoal coa Historia con maiúsculas, o neno de Amparo nace o mesmo día en que é proclamada a República.
-  Os autores do Realismo e do Naturalismo defenden o papel da literatura como medio para mellorar a realidade a través da crítica social e política. Nesta novela, Pardo Bazán denuncia a precaria situación dos obreiros describindo a dureza e penurias do traballo na fábrica de tabacos: " A explotación do home polo home tomaba carácter despiadado e feroz, segundo adoita acontecer, cando se exerce de pobre a pobre ".
Tamén deixa caer algunha crítica cara á prensa pero, sobre todo, cara os abusos do poder dun goberno que priva aos seus cidadáns  do seu dereito máis irrenunciable, a liberdade: " .. poder misterioso, o Estado, co cal sen dúbida era ocioso loitar, un poder que esixía obediencia cega, que a todas partes chegaba e dominaba a todos ", di nunha das súas páxinas.
No prólogo, a propia autora nos fala de " unha finalidade didáctica " ou posible ensinanza da novela, aínda que non sexa iso, precisa, o que ela persegue: " os pobos non deben deixar a súa salvación nun réxime político que non coñecen e idealizan "
Fábrica de tabacos. A Coruña
Pero  " La Tribuna " é tamén un alegato de corte feminista, reperesentado na  personaxe de Amparo coa súa actitude totalmente libre, impensable nunha muller da súa época: liberdade tanto de acción como de expresión neses alegatos acesos onde amosa claramente o seu carácter indómito, rebelde e apaixoado consonte o que semella xa un tópico nos personaxes das cigarreiras ( lembremos a  " Carmen " de Merimée, convertida máis tarde en libreto operístico por Bizet ).
-  O autor realista, e Pardo Bazán  non é tampouco nisto unha excepción, amosa tamén na linguaxe ese afán de reflectir a realidade tal como é. Cada personaxe " fala " como lle corresponde de acordo coa súa procedencia, cultura, idade, extracción social.. Baltasar e a súa familia utilizan unha linguaxe culta e coidada fronte aos vulgarismos de Chinto ou as cigarreiras, que tamén introducen algunha expresión en galego, interferencias frecuentes nas zonas bilingües. Cómpre salientar así mesmo a notable riqueza de léxico pertencente aos campos semánticos con máis presenza na novela como o das cigarreiras, os barcos ou o mar.

  -  Malia que os autores realistas adoitan describir o seu entorno máis achegado, o que mellor coñecen, con frecuencia utilizan un topónimo ficticio para nomealo. É o caso de Clarín coa súa Vetusta na que facilmente recoñecemos a cidade de Oviedo. Tamén Pardo Bazán, nesta e noutras novelas, oculta A Coruña baixo o nome de Marineda. Nalgún parágrafo de " La Tribuna " cítase a Vilamorta; como sabemos, trátase do Carballiño,vila  á que dedica outra novela, "  El Cisne de Vilamorta ", novela que tal vez nun futuro poderá ser obxecto de lectura e comentario neste club.




Carmen Hernández Castejón . Profesora de Língua e Literatura Castelá. Coordinadora do Club de Lectura. IES Nº 1





                        


martes, 2 de xuño de 2015

NOVO PREMIO PARA NOVOS TALENTOS

Falamos con Esteban  Decabo  Nogueira  ( 2º de ESO ), gañador do primeiro premio da provincia de Ourense  na 7ª edición do concurso:  " Novos talentos: relato curto Cocacola  2015 ".
 
Esteban:  Como te decataches da convocatoria do concurso ?. Avisoume  Ana Lousado, a profesora de galego. A primeira fase xeral foi en marzo no IES das Lagoas para toda a provincia de Ourense e Monforte. Do centro do Carballiño nos presentamos catro alumnos.
                                                                        En  maio me notificaron que quedara finalista e a  entrega de premios foi en Baiona, onde recibín o primeiro premio da provincia de Ourense, quedando tamén entre os seis primeiros de toda Galicia.
 
Sobre qué temática versou a túa redacción ?.
O tema común foi a luz, xa que estamos no " Ano Internacional da Luz "´
 
Cóntanos algunha impresión do concurso.
Foi unha experiencia moi interesante, xa que se trata de impulsar ó galego que, sen dúbida, merece ser máis respetado e promocionado.
 
 
 Xa só nos queda dende aquí, darlle a Esteban as grazas e a noraboa polo importante premio