| O Equipo do BiBlog na praza das Galiñas |
"CANCIÓN DA FEIRA"
Foron os frades de Oseira
no vello tempo pasado
os que fundaron a feira
e deron vida ó mercado.
Xenta da tralla e do mallo
da bisbarra de Orcellón
¡baixo a sombra dun
carballo
fixo da feira un feirón!
Dende montes ó Ribeiro
e dende Arnoia a Chantada:
¡as feiras do derradeiro
deixan a xente pasmada!
Heime poñer en camiño
e meterme a vendedor:
¡as feiras do Carballiño
son unha festa maior!
Posto a tratar, ¿que faría?
¿En que poido eu
negociar?
¡Soio ofrezo poesía
e non ma queren mercar!
Dende montes ó Ribeiro
e dende Arnoia a Chantada:
¡as feiras do derradeiro
deixan a xente pasmada!
Heime poñer en camiño
e meterme a vendedor:
¡as feiras do Carballiño
son unha festa maior!
Posto a tratar, ¿que faría?
¿En que poido eu
negociar?
¡Soio ofrezo poesía
e non ma queren mercar!
Manuel María: "Cantigueiro de Orcellón"
| Eira de Flores: Cabaceiro |
| Fonte de Flores: A máis antiga do Carballiño |
Fáltanos o poema do Balneario e a pena dos Namorados... agardamos poder " Colgalos " máis adiante
ResponderEliminar