![]() |
| Muiño das Lousas |
![]() |
| Balneario |
A Biblioteca segue a incrementar o seu Fondo de Documentación Local, con novas adquisicións. Entre outras: " As feiras do Rizo " en edición de Xosé Enrique Acuña e Xosé Luis Cabo. "Ramón Godás , fotógrafo e impresor " de Xosé Manuel Rodríguez.
A nosa idea é facer unha exposición con todos os materiais que temos e que fan referencia ó noso pobo: dende monografías que teñen como protagonistas ó pulpo e ás pulpeiras, de A. Fidalgo Santamariña.
![]() |
| Templo Vera Cruz |
Non podería fallar o noso
![]() |
| Templo Vera Cruz |
pequeno homenaxe ó que con toda probabilidade é o máis senlleiro de todos os nosos monumentos: O santuario ou templo da Vera- Cruz, do que tamén temos xa unha pequena bibliografía: " Santuario de la Vera-Cruz de San Cibrán de Carballino de Antonio Palacios " . Este interesántisimo libro foi escrito por Adolfo Otero Cerdeira, fillo do mestre canteiro que foi quen de levar á realidade o soño do arquitecto Antonio Palacios.
Polo que atinxe á literatura tamén contamos con autores cuias obras se desenvolven todo ou en parte no Carballiño ou na comarca. Tal é o caso de " O Frío Azul " de Ramón Caride Ogando, e de moitas das obras do escritor carballiñés Miguel Anxo Fernández : , " O Sabre do francés ", " Lume de Cobiza " " O sangue dos Cortiña ". A derradeira aposta dunha novela cuia acción se desenvolve no Carballiño, é dun profesor do noso centro, Juan Manuel Valcárcel : " La Cruz del Salvador ".Como curiosidade , sinalar tamén que contamos con dous exemplrares do libro:
" El Cisne de Vilamorta " de Emilia Pardo Bazán, e aquí si que podemos dicir que O Carballiño e as súas xentes son os protagonistas absolutos desta obra menor de Pardo Bazán, de tal xeito que a escritora utiliza o alcume Vilamorta para referirse ó Carballiño. Esta pequena noveliña, préstase para facer un percorrido literario polas rúas do Carballiño, mesmo visitar a localidade de Banga, onde se conserva o Pazo dos Quiroga no que Emilia Pardo Bazán pasaba as xornadas estivais e, con toda probabilidade escribiu este libro.





Ningún comentario:
Publicar un comentario