![]() |
| Mulleres e Literatura |
Xa chegou o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller.
Hai uns días que xa publicamos no blogue que estábamos a preparar como todos os anos algunha exposición alusiva a esta data con alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO
Xa que é un traballo feito dende a Biblioteca, non podía faltar o apartado sobre " Mulleres e Literatura ", rendindo deste xeito homenaxe a algunhas das escritoras máis importantes da literatura universal, incluíndo tamén a galegas como: Rosalía de Castro, Pardo Bazán, sen esquecer as actuais como : María Reimóndez, Rosa Aneiros, Fina Casalderrey, etc..
Como nas Bibliotecas Escolares estamos celebrando o Ano Internacional da Ciencia , pareceunos oportuno incluir a algunhas mulleres científicas que foron pioneiras en moitos descubrimentos, pero que tiveron a desgraza de que por mor de moitos prexuizos non se lle recoñeceron en vida seus descubrementos e aportacións. Tal é o caso de : Nettie Stevens, Lise Meitner, Chien-Shiung Wu, Esther Miriam Zimmer, Rosalind Franklin ou Jocelyn Bell Burnell..
Non nos esquecemos tampouco de dúas científicas e investigadoras que naceron no Carballiño: Mª Eugenia Pereira Rodríguez, que foi a primeira muller galega licenciada en Farmacia ( 1923 ).
Mª Teresa Miras Portugal, veciña nosa, Catedrática de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade Complutense de Madrid. Mª Teresa Miras Portugal foi a primeira muller presidenta da Real Academia Nacional de Farmacia ( de 2007 á 2013 ).
.. e como novidade, este ano decidimos tamén incluir na exposición algunhas películas que falan de mulleres, e o papel que xogan na economía global: moitas delas son historias conmovedoras , auténticos documentais do traballlo que seguen a facer as mulleres no mundo e, nos amosan que aínda hai moito camiño que percorrer..
" 1-800-India " de Safina Uberoi, " China Blue " de Micha Peled, " Europlex " de Úrsula Biemann, " La Petite Vendeuse de Soleil " de DJibril Diop Mambety, " Laafi Bal " de Fanta Regina, " Lakshmi & Me " de Nishtha Jain, " Life and Debt " de Stphanie Black, " Made in L.A." de Almudena Carracedo, " Maid in America " de Anayansi Prado, " Nalini by Day, Nancy by Night " de Sonali Gulati, " North Country "de Niki Caro.
Salientar por último, que unha pequena mostra de todo isto se levou a exposición que tivo lugar no Salón de Plenos do Concello do Carballiño o 7 de Marzo organizado pola Concellalía de Benestar Social e Igualdade

Ningún comentario:
Publicar un comentario