Coma todos os anos, e este curso non podería ser menos, xa temos aquí de novo o Concurso do " Arume Xogal ".
Este ano participan os cursos de 3º de ESO, e, coma sempre por Equipos.
Xogarán un día á semana, e os distintos equipos xa escolleron " os alcumes " : " As EMS ", " Os Mascaberzas ", " Nós ", " Os Chícharos " ...
Cómpre lembrar que o Arume Xogal, tamén é chamado o Trivial Galego, xa que segue a mesma mecánica de xogo, aínda que todas as preguntas están centradas en Galicia: Historia, Arte, Xeografía, Natureza, Literatura. Agardamos que este sexa tamén un bo xeito de achegarse á cultura galega. Ao rematar o xogo, haberá premios, que non poden faltar en ningún concurso.

Ningún comentario:
Publicar un comentario