| Mª Eugenia Pereira Rodríguez |
Mª Eugenia naceu no Carballiño en 1895.
Foi a primeira muller galega que obtén a licenciatura en Farmacia. Era filla dun notario César Pereira e de Purificación Rodríguez. Seu pai non a recoñeceu ata 1913.
Mª Eugenia estudará no Instituto Provincial de Ourense, realizando todos os cursos por libre e, acadando unhas moi boas cualificacións.
A pesares da oposición de seu pai, decide continuar estudos na Universidade de Santiago de Compostela, inscribíndose en Farmacia en 1918 e, coa nota media de notable obtén a licenciatura en 1923.
Mª Eugenia tamén figura en 1920 matriculada na Facultade de Medeciña ( especialidade de hixienista ).
Estivo en réxime de pensión no Instituto Pasteur e tamén en Barcelona. Por oposición obtivo a praza de Xefe de Laboratorio Químico da Aduana da Cidade Condal.
![]() |
| Teresa Miras Portugal |
Teresa Miras naceu no Carballiño.
Licenciada en Farmacia con premio Extraordinario e Premio Nacional fin de carreira.
Doctora en Farmacia ( Madrid ) e Doctor Sciences ( Estrasburgo, Francia ). Catedrática de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade Complutense.
Mª Teresa é membro de numerosas sociedades científicas, tendo cargos de responsabilidade en moitas delas.
Está especializada no papel dos nucleótidos nas conexións neuronais, especificamente en enfermidades neurodexenerativas como o Párkinson ou o Alzhéimer.
Foi a primeira muller que presidiu a Real Academia Nacional de Farmacia, dende o ano 2007 ata 2013.

Ningún comentario:
Publicar un comentario