DOENZA .
" A dor de estar doente ben vale o pracer de estar san. Cando un está maliño todos os agarimos da casa son para un e ademais ¡ ten tan doces soños o delirio !. Cando eu era pequeno sempre quixen estar doente para ser aloumiñado e delirar. Porque cando un está san ten soños de pesadelo con mortos e estomballadas, ou soños de conto con meigas e encantos, ou soños de xogo, con nenos e páxaros. Mais cando se ten febre, óllanse cousas doutro mundo que non é o noso nin o dos mortos. Lémbrome de pequeno dormecéndome arroupado, acochadiño baixo o meigallo da dor; de súpeto, no mouro dos meus ollos, encomenzaba a choutar unha comba amarela, revirándose, devanadoira de lume; brincando, fervenza de fogo, pingando trebón aceso; deitándose en augas loiras, chovendo arreo, teimosa, paseniño, faíscas escintilantes e roxentas areas [...]
" Quintana viva ". Xosé Filgueira Valverde
![]() |
| Xosé Filgueira Valverde |
Este ano o Día das Letras Galegas adícase á figura de : Xosé Filgueira Valverde que, polo caudal inxente e a importancia da súa obra foi unha das figuras centrais da vida cultural galega do século XX.
Historiador, escritor, erudito, Filgueira Valverde, naceu en Pontevedra no ano 1906. Cursou estudos de Dereito na Universidade de Santiago e Filosofía e Letras en Zaragoza. Foi Catedrático de Língua e Literatura en Barcelona, Lugo e Pontevedra, cidade na que finou en 1996 . Comprometido dende moi novo coa cultura galega, a súa producción intelectual abrangue unha ampla variedae de temas relacionados, na súa meirande parte, coa investigación da historia e cultura de Galicia : música, pintura, lírica medieval, arte galega, etc.. .
Foi promotor e xestor do Museo Provincial de Pontevedra que, baixo a súa dirección convértese nun dos máis importantes no seu xénero.
A súa producción literaria é moi extensa . Compre subliñar :
Ensaio : " Da épica na Galicia medieval " ( 1941 ), " Historias de Compostela " ( 1982 ) ou " O arquivo do Museo de Pontevedra e unha guía sucinta " ( 1988).
Diccionarios : " Vocabulario popular galego-castelán " con Lois Tobío, Xulián Magariños y Cordal Carús ( 1926 )
Narrativa : " Os nenos " ilustrado en parte por Castelao ( 1925 ), " O vígaro: ensaio simbólico, orixinal e inédito " ( 1927 ) ou " Quintana viva " ( 1971 )
Diccionarios : " Vocabulario popular galego-castelán " con Lois Tobío, Xulián Magariños y Cordal Carús ( 1926 )
Narrativa : " Os nenos " ilustrado en parte por Castelao ( 1925 ), " O vígaro: ensaio simbólico, orixinal e inédito " ( 1927 ) ou " Quintana viva " ( 1971 )


Ningún comentario:
Publicar un comentario