Tintin, Clara Sánchez, Agustín Fernández Paz, Spiderman, Enrique Sánchez, Carlos Ruiz Zafón, Ana e o Rei de Siam, Fina Casalderry, Asterix ou os Simpson..
Todos eles viaxan cos nosos mochileiros-as como cada ano. As cinco mochilas xa empezaron a " rular " grazas os alumnos-as de 1º de ESO.
Coma sempre, conteñen :
.- 1 Cómic.
.- 1 libro de Literatura Xuvenil.
.- 1 libro de lectura para pais.
.- Unha película para ver en familia.
A xeito de agasallo, tamén lles facemos chegar varios marcapáxinas e un pequeno cuaderniño para que nos fagan chegar todas as suxestións que consideren convintes. Nin que dicir ten que, a maioría das veces, os pais/nais amósanse encantados con esta iniciativa

Ningún comentario:
Publicar un comentario