venres, 2 de marzo de 2018

Poesía, Poesía, Poesía : Ilustrador@s por un día..

Hai ben pouco -  o  pasado  23  de  febreiro, celebramos  os  181  anos  do  nacemento  de  Rosalía  de  Castro.

O  mes  marzo, tamén é unha data importante para  a  Poesía,  xa que o día 21  conmemórase  o  " Día  Mundial  da  Poesía  ".

Con tal motivo,  lles pedimos  a rapaces e rapazas  de 1º  de  ESO  que se converteran en ilustrador@s  de poemas  moi famosos e mesmo de cancións populares.



Esta idea tivo moi boa acollida entre estes pequenos  " ilustradores "  que encheron de debuxos e cores poemas de :  Rosalía  de  Castro, Álvaro  Cunqueiro,  Federico  García  Lorca,  Ramón  Cabanillas,  Rafael  Alberti,  Ana  Mª  Fernández,  José  de  Espronceda,  José  Agustín  Goytisolo,  Gustavo  Adolfo  Bécquer ou  Manuel  María.

Tampouco  faltaron  cancións  populares " O Rodaballo"" Na  beira  do  mar  ",  " El  señor  Don  Gato "

Ningún comentario:

Publicar un comentario