xoves, 26 de abril de 2018

Outra vez.. as Bibliotecas na rúa



 Dentro dos actos programados polos Centros Públicos de Ensino Secundario  para conmemorar o Día  Mundial  do  Libro  2018, non nos podiamos esquecer dunha  actividade conxunta  do IES  Nº1  e do  Manuel Chamosos Lamas, que xa se ven organizando dende fai varios anos :  Biblioteca  nas  Rúas
                                                               No presente curso,  adicado aos autor@s  que dan nome ás rúas do Carballiño :  Eduardo Blanco Amor, Manuel Curros Enríquez, Rosalía de Castro, Castelao, Vicente Risco, Emilia Pardo Bazán, e  os poetas Manuel María  e  Eusebio Lorenzo  Baleirón , tan vencellados á vila do Arenteiro.

                      Os rapaces e rapazas pertencentes o
Nº 1  e o  Chamosos Lamas, leron textos de todos eles. Houbo tamen  exposicións de libros, actuación do Coro  do  Chamoso Lamas,  música, etc..
Dende aquí queremos agradecer a todos os rapaces e rapazas que decidiron " perder " unha parte de seu tempo para poder estar na Praza do Concello celebrando este día do libro.
É certo que, ás veces, "  abusamos " da súa dispoñibilidade para facer este tipo de actividades. E me estou referindo a unha serie de alumnos e alumnas que sempre están dispostos a colaborar e a botar unha man cando se lle solicita dende o  centro . Novamente grazas.

Imos rematar cun  dos poemas lidos onte na Praza do Concello: é do poeta Eusebio  Lorenzo Baleirón,  profesor do IES Nº 1 , e que morreu tan novo.

UNHA  MULLER  ESTÁ  A  SOÑAR.

Un pequeno país era o seu rosto
de costas para o mar
no que antigos mercaderes
encetaban as rotas do marfín
e as especias.
Unha rexión nevada ao pé dos bosques
que cruzaban carretas misteriosas
guiadas por cegoñas como pontos de luz.
E pequenos dedos foon tecendo 
lingoas de mar
até as ribeiras firmes
para gardar o sono da muller en calma.
Ela levaba nos ollos
un pálpito de seres e de voces;
o intenso silencio da noite
pesáballe nos brazos e nas tempas...
Como quen sempre está a soñar
e non acorda


                                                



Ningún comentario:

Publicar un comentario