sábado, 23 de marzo de 2019

" A Ínsua dos Poetas " : auga, árbore e poesía

Este 22 de marzo o noso centro foi convidado xunto con todos os centros educativos da comarca do Carballiño a participar na VII edición do Día da Árbore, a Auga e a Poesía.

recitando a Manuel María acompañados da guitarra

A Ínsua dos Poetas, é un fermosísimo espazo natural cheo de árbores e esculturas creado e  impulsado polo profesor e poeta Luís González Tosar moi perto do Carballiño. Dende fai oito anos todos os centros educativos da comarca están chamados a participar nun acto que ten lugar entre o 21 e o 22 de marzo, coincidindo co Día da Árbore, tendo tamén como elementos moi siñificativos a Auga e A Poesía. Máis de 300 escolares participaron este ano cantando, recitando e escenificando distintos fragmentos dalgúns dos máis importantes escritores galegos.

alumnos-as do IES Nº 1 prantando un carballo
Nesta edición, tamén se lle rendeu homenaxe a Manuel Amil Otero, profesor e director do IES Nº 1 durante tantos anos , que foi pioneiro en colaborar con esta festa..
Hai que dicir que o tempo acompañou e tivemos un fermosísimo día. Para rematar, e como xa é unha tradición neste acto, cada centro procedeu a prantar a súa árbore, como símbolo  deste Patrimonio Natural que todos debemos acrecentar e respetar

Ningún comentario:

Publicar un comentario