martes, 8 de outubro de 2019

VISITA GUIADA Á BIBLIOTECA

este ano tamén cumprimos coa tradición  de ensinarlle a Biblioteca aos máis cativos.
Máis de 60 rapaces e rapazas de 1º de ESO acudiron hai uns dias a nosa Biblioteca por primeira vez.
A responsable da mesma, explicoulles a disposición dos libros, onde se atopan os máis interesantes para eles, o funcionamento do préstamo, as distintas normas para o uso do ordenador, etc.. ; as seccións máis visitadas son as dos  Cómics e a de Literatura Xuvenil. Para rematar, tamén se lles informou  da posibilidade de levar  unha Mochila con distintos materiais durante a fin de semana. Tamén quedou constituido un Grupo de Voluntariado  da Biblioteca, integrado por 10 alumnas de 1º de ESO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario