Comezamos as actividades para conmemorar este triste día. Esperemos que nunca máis teñamos que facer unha publicación semellante, xa que isto suporía a eliminación de tantas mortes sen sentido.
O equipo de Igualdade xunto co equipo da Biblioteca, quixemos facer visible e poñer nomes a tanta violencia, por iso creamos o noso particular "Corredor da Morte", enchendo os principais corredores do centro, coas necrolóxicas das mulleres e nenos asasinados entre os anos 2014-2022.
Esta mostra forma parte doutras iniciativas que iremos publicando nos vindeiros días.



Ningún comentario:
Publicar un comentario